Os xogos da fame (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «The Hunger Games (filme)»)

Os xogos da fame
Logo do filme
Ficha técnica
Título orixinalThe Hunger Games
DirectorGary Ross
ProdutorNina Jacobson
Jon Kilik
GuiónGary Ross
Suzanne Collins
Billy Ray
Baseado enThe Hunger Games de Suzanne Collins
IntérpretesJennifer Lawrence
Josh Hutcherson
Liam Hemsworth
Woody Harrelson
Elizabeth Banks
Lenny Kravitz
Stanley Tucci
Donald Sutherland
MúsicaJames Newton Howard
FotografíaTom Stern
MontaxeStephen Mirrione
Juliette Welfling
EstudioLionsgate
Color Force
DistribuidoraLionsgate
EstreaOs Ánxeles: 12 de marzo de 2012
23 de marzo de 2012
Galicia 8 de decembro de 2015 (TVG)
Duración142 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción, Aventuras
Orzamento$78 000 000[1]
Recadación$691 200 000[2]
Filme seguinteThe Hunger Games: Catching Fire
Na rede
http://www.thehungergamesmovie.com/
IMDB: tt1392170 Filmaffinity: 520063 Allocine: 145083 Rottentomatoes: m/the_hunger_games Mojo: hungergames Allmovie: v483902 TCM: 870249 Metacritic: movie/the-hunger-games TV.com: movies/the-hunger-games Netlix: 70206672Editar o valor em Wikidata

Os xogos da fame (orixinalmente en inglés: The Hunger Games) é un filme estadounidense dirixido por Gary Ross que se estreou no 2012. Baséase na primeira parte da triloxía xuvenil de Suzanne Collins The Hunger Games e é o primeiro filme da serie The Hunger Games. O filme foi producido por Nina Jacobson e Jon Kilik, con guión de Ross, Collins e Billy Ray. Está protagonizado por Jennifer Lawrence, Josh Hutcherson, Liam Hemsworth, Woody Harrelson, Elizabeth Banks e Donald Sutherland.[3] O filme estreou a súa versión dobrada ao galego o 8 de decembro de 2015 na TVG.[4]

Sinopse[editar | editar a fonte]

O que no pasado foron os Estados Unidos, agora é unha nación chamada Panem: un fastoso Capitolio exerce un control rigoroso sobre os doce distritos que o rodean e que están illados entre si. Cada distrito está obrigado a enviar anualmente un rapaz e unha rapaza entre os doce e os dezaoito anos para que participen nos Xogos da Fame, que son transmitidos en directo pola televisión. Trátase dunha loita a morte, na que só pode haber un supervivente. Katniss Everdeen, unha moza de dezaseis anos, decide substituír a súa irmá máis nova nos xogos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Voz da dobraxe galega de Ruth Pazo.
Voz da dobraxe galega de Daniel Lema.
Voz da dobraxe galega de Matías Brea.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. IMDb (ed.). "The Hunger Games (2012)". Box Office Mojo. Consultado o 3 de outubro de 2012. 
  3. Fleming, Mike (24 de maio de 2011). "Toby Jones In The Hunger Games". Deadline.com. Consultado o 24 de maio de 2011. 
  4. Os xogos da fame (CRTVG). Páxina no Facebook da CRTVG. 8 de decembro de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]