The Crown (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Crown

Editar o valor em Wikidata
FormatoDrama histórico
Creado porPeter Morgan
Desenvolvido por
Intérpretes
Tema de aperturaHans Zimmer
País de orixeReino Unido Reino Unido[1]
Estados Unidos de América Estados Unidos[2]
Lingua(s)Inglés
Temporadas6
Episodios60
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)Reino Unido
Duración39–72 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeiro episodio4 de novembro de 2016
Derradeiro episodio14 de decembro de 2023
Na rede
https://www.netflix.com/title/80025678
IMDB: tt4786824 Filmaffinity: 920440 Allocine: 17598 Rottentomatoes: tv/the_crown Metacritic: tv/the-crown TV.com: shows/the-crown
Facebook: TheCrownNetflix Twitter: thecrownnetflix Instagram: thecrownnetflix Netlix: 80025678Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Crown é unha serie de televisión británica-estadounidense que trata sobre o reinado da raíña Isabel II do Reino Unido. A serie foi creada e escrita principalmente por Peter Morgan e producida por Left Bank Pictures e Sony Pictures Television para Netflix. Morgan desenvolveu a serie baseándose no seu filme The Queen (2006) e na súa obra de teatro The Audience (2013), que tamén se centran na vida de Isabel II.

A serie consta de seis tempadas, que abranguen case seis décadas, comezando pouco antes da voda da princesa Isabel e Philip Mountbatten en 1947, e rematando coa voda do príncipe Carlos e Camilla Parker Bowles de 2005. O elenco principal da serie cambiou cada dúas tempadas; Isabel, por exemplo, foi interpretada por Claire Foy na primeira e segunda tempada, Olivia Colman na terceira e cuarta e Imelda Staunton na quinta e sexta.

Episodios[editar | editar a fonte]

Tempada Episodios Emisión orixinal
  1 10 4 de novembro de 2016
  2 10 8 de decembro de 2017
  3 10 17 de novembro de 2019
  4 10 15 de novembro de 2020
  5 10 9 de novembro de 2022
  6 10 16 de novembro de 2023

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Netflix plans original UK drama about the Queen". BBC News. 23 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 6 de abril de 2019. Consultado o 21 de xuño de 2018. 
  2. Brown, Mick (3 de novembro de 2016). "The Crown: Claire Foy and Matt Smith on the making of the £100m Netflix series". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 4 de novembro de 2016. Consultado o 4 de novembro de 2016.