The Crew 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Crew 2
Desenvolvedor(es)Ivory Tower
Distribuidora(s)Ubisoft
Lanzamento29 de xuño de 2018
Xénerovideoxogo de carreiras
Modos de xogovideoxogo para un xogador e videoxogo multixogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Microsoft Windows, PlayStation 4 e Xbox One
Na rede
https://thecrew-game.ubisoft.com/
IMDB: tt8636062 Twitter: TheCrewGame Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

The Crew 2 é un videoxogo de condución desenvolvido por Ubisoft Ivory Tower e distribuído por Ubisoft, sendo a secuela do videoxogo The Crew de 2014. O seu lanzamento produciuse o 29 de xuño de 2018, nas plataformas Microsoft Windows, PlayStation 4, Xbox One.[1][2]

Xogabilidade[editar | editar a fonte]

O videoxogo conta cun mundo aberto que recrea aos Estados Unidos, do mesmo xeito que The Crew. Como novidade, o xogador poderá conducir non só coches e motocicletas, senón tamén lanchas e avións. Os modos de xogos que inclúe son off-road, carreiras rueiras, carreiras profesionais e estilo libre. Similar ao anterior xogo, porá unha gran énfase en multixogador pero tamén conta cun modo un xogador. Tamén conta cun modo multixogador cooperativo, que permite aos xogadores unirse aos diferentes eventos. Este modo tamén pódese xogar só contra as IAs (personaxes non xogadores ou intelixencia artificial).[3][4][5][6]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

En maio de 2017, Ubisoft confirmou de forma oficial The Crew 2 para plataformas da nova xeración.[7] O xogo foi presentado no E3 2017, confirmando o seu desenvolvemento para Microsoft Windows, PlayStation 4, Xbox One.[8]

Ubisoft anunciou a data de lanzamento do videoxogo o 29 de xuño de 2018, mediante a publicación dun novo tráiler. Ademais, confirmou que o xogo tería soporte para as consolas PlayStation 4 Pro e Xbox One X.[9]

Crítica[editar | editar a fonte]

The Crew 2 foi recibido con críticas maiormente positivas por parte da prensa de videoxogos, conseguindo unha cualificación media de 67 sobre 100, sumando as valoracións de todas as plataformas nas que foi lanzado. A mellor cualificación osténtaa na consola Xbox One, cunha media de 69% en base a 35 recensións, e a peor na consola PlayStation 4, con 64% en base a 53 análises.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Castellano, Álvaro (15 de marzo de 2018). "Ubisoft pone fecha de lanzamiento a The Crew 2". 3DJuegos. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  2. "Ubisoft retrasa los lanzamientos de Far Cry 5 y The Crew 2". HobbyConsolas. 7 de decembro de 2017. 
  3. "First The Crew 2 Trailer Shows Off Multi-Vehicle Races" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  4. "The Crew 2 feels like a do-over in the best possible way" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  5. "The Crew 2 preview: you can dive bomb New York in a Porsche - VideoGamer.com". VideoGamer.com (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  6. "8 reasons to be excited for The Crew 2". Red Bull (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2017. 
  7. Ubisoft confirma The Crew 2. Vandal. 16 de maio de 2017. Consultado o 6 de agosto de 2017.
  8. The Crew 2 a principios de 2018; primer tráiler y jugabilidad. Vandal. 12 de xuño de 2017. Consultado o 6 de agosto de 2017.
  9. González, Alberto (15 de marzo de 2018). "The Crew 2 llegará a PS4, One y PC el próximo 29 de junio". Vandal. Consultado o 15 de marzo de 2018.