The Cranberries
| The Cranberries | |
|---|---|
A banda en Barcelona no 2010 |
|
| Información | |
| Orixe | Ballybricken, Limerick, Irlanda |
| Período | 1989 - 2003 2009 - actualidade |
| Xénero(s) | rock alternativo |
| Selo(s) discográfico(s) | Interscope, Island |
| Membros | Dolores O'Riordan Noel Hogan Mike Hogan Fergal Lawler |
| Antigos membros | Niall Quinn |
| Web oficial | http://www.cranberries.com/ |
The Cranberries é unha banda irlandesa de rock alternativo fundada en 1989 baixo o nome The Cranberry Saw Us, posteriormente cambiado pola súa vocalista Dolores O'Riordan. Tivo bastante popularidade durante os anos 90 e separouse no ano 2003. Dende entón os seus membros seguiron carreiras en solitario. A banda vendeu ao redor duns 43 millóns de discos en todo o mundo. No ano 2009 o grupo reuníuse e comezou unha xira por Norteamérica, Sudamérica e Europa. Na actualidade está composta por O'Riordan, o guitarrista Noel Hogan, o baixista Mike Hogan e o batería Fergal Lawler.
The Cranberries acadaron a ama internacional xa co seu álbum de estrea, Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?, que foi un éxito comercial ao vender uns cinco millóns de discos só nos Estados Unidos. A banda sería un dos grupos de rock con máis éxito da década, vendendo só nese país ao redor dos 15 millóns de discos. The Cranberries tivo catro álbums top 20 na lista Billboard 200 (Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?; No Need to Argue; To the Faithful Departed e Bury the Hatchet) e oito sinxelos top 20 na lista Modern Rock Tracks ("Linger", "Dreams", "Zombie", "Ode to My Family", "Ridiculous Thoughts", "Salvation", "Free To Decide" and "Promises").
Índice |
Discografía [editar]
Álbums de estudio [editar]
- Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We? - 1993 (Island)
- No Need to Argue - 1994 (Island)
- To the Faithful Departed - 1996 (Island)
- Bury the Hatchet - 1999 (Island)
- Wake Up and Smell the Coffee - 2001 (MCA)
- Roses - 2012 (Downtown)
Álbums ao vivo [editar]
- Bualadh Bos – The Cranberries Live - 2010 (Island Def Jam)