The Burning World é o sexto álbum da banda estadounidense de rock experimentalSwans, publicado no ano 1989 a través do selo Uni Records, sendo o único traballo seu editado por unha grande discográfica. Coproducido por Bill Laswell e o líder do grupo Michael Gira, o disco amosa un gran cambio estilístico con respecto a anteriores traballos, sendo máis melodioso e accesible. Tivo unha recepción mixta e foi comercialmente decepcionante; a banda foi expulsada da discográfica debido ás súas pobres vendas.