Terre-de-Bas
Terre-de-Bas | |
---|---|
Terre-de-Bas des Saintes | |
Terre-de-Bas vista desde o outeiro de Chameau en Terre-de-Haut. | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Francia |
Departamento de ultramar | Guadalupe |
Provincia | Les Saintes |
Arquipélago | Antillas Menores |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 15°51′15″N 61°37′58″O / 15.85417, -61.63278Coordenadas: 15°51′15″N 61°37′58″O / 15.85417, -61.63278 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa volcánica |
Superficie | 6´8 km² |
Punto máis alto | 293 m. Outeiro de Abymes |
Demografía | |
Capital | Petite-Anse |
Poboación | 1 093 hab. (2013) |
Densidade | 160´74 hab./km² |
Lingua propia | Francés, Crioulo antillano |
A illa de Terre-de-Bas (oficialmente en francés: Terre-de-Bas des Saintes (literalmente: terra baixa de Les Saintes)) é unha illa no arquipélago de Les Saintes, nas Antillas Menores.
Pertence á comuna (municipio) de Terre-de-Bas no departamento francés de Guadalupe.[1]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Descrición[editar | editar a fonte]
Terre-de-Bas é a illa máis occidental do arquipélago de Les Saintes. Do mesmo xeito que a súa veciña Terre-de-Haut, que debe o seu nome a fala marítima que chama as illas expostas ao vento terras altas e as protexidas do vento terras baixas. É unha illa de 9 km² dominada por un macizo montañoso pque aloxa un bosque protexido no seu centro (outeiroMorne à Coq, outeiro Morne Paquette, outeiro Morne Madis, outeiro Morne Abymes) e unha costa chea de cantils e picos (en francés: Pointe) (pico Pointe à Nègre, cantil Gros cap, pico Pointe à Vache, pico Pointe Noire, pico Pointe Sud). O punto máis alto da illa é o outeiro Abymes cunha altura de 293 m. Terre-de-Bas está separada de Terre-de-Haut por unha estreita canle de 890 m. Ademais de Terre-de-Haut, varias pequenas illas rodean Terre-de-Bas:
Zonas poboadas[editar | editar a fonte]
Unhas poucas vilas distribuense polos outeiros no interior. Petite-Anse, a vila máis importante da illa atópase nun val rodeado de montañas e sen vista sobre o mar. Petite-Anse é a vila onde están os edificios administrativos da municipalidade (concello, oficina de correos, escolas), no lado oposto do porto principal. O asentamentos máis antigos que aínda permanecen son as localidades de Grande-Anse e Petite-Anse. A poboación repártese en 5 barrios (distritos), máis ou menos ben delimitados. Agrúpanse en dúas metades:
leste | Oeste | ||
---|---|---|---|
Nº | Barrio | Nº | Barrio |
1 2 3 |
Anse des Mûriers Grande-Anse Grand-Baie |
4 5 |
Petite-Anse le Mapou |
Notas[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Terre-de-Bas |