Terra coutada
Terra coutada | |
---|---|
Autor/a | Antonio Fernández Pérez |
Orixe | Galicia |
Lingua | Galego |
Colección | Galaxia•Narrativa |
Tema(s) | Guerra civil española |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Editorial Galaxia |
Data de pub. | 1990 |
Páxinas | 324 páx. |
ISBN | ISBN 978-84-7154-712-5 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Terra coutada é unha novela do escritor galego Antonio Fernández Pérez, escrita na década de 1950 e publicada pola Editorial Galaxia en maio de 1990.
Características[editar | editar a fonte]
Terra coutada ía ser publicada xa na década de 1950, tal como figura nalgún dos catálogos da Editorial Galaxia, pero non puido aparecer daquela por mor da censura, ao incluír un episodio biográfico relacionado coa guerra civil.
Nela pódense apreciar os valores literarios e non simplemente circunstanciais que posúe, como o vigor do estilo, axustado e vivo, sen interferencias retóricas, ou o pulso narrativo do autor. O prólogo foi escrito por Ramón Otero Pedrayo en 1968.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Terra coutada, ficha na web da editorial.