Termas romanas de Maximinos
Coordenadas: 41°32′47″N 08°25′47″O / 41.54639, -8.42972
As Termas romanas de Maximinos, tamén coñecidas como Alto da Cividade ou Colina dos Maximinos, son unhas termas romanas situadas na freguesía de Cividade, no concello portugués de Braga. Foron declaradas Monumento Nacional en 1986.
Historia[editar | editar a fonte]
Nas escavacións arqueolóxicas levadas a cabo en 1977 descubríronse as termas públicas a carón do Foro da antiga cidade romana de Bracara Augusta, situado, segundo a tradición, no Largo de Paulo Orósio.
A área escavada das termas ocupa uns 850 m², mais o espazo das termas era maior, o que se deduce da presenza do hipocausto e piscina cara ao sur, separados do restante corpo do edificio por un estreito corredor. De finais do século I (Dinastía Flaviana) consérvanse as catro salas quentes, cuxos hipocaustos se encontran relativamente ben conservados, se ben non se conseguiu definir o seu circuíto interno nin a función dalgúns dos seus compartimentos anexos. A finais do século IV e comezos do século seguinte o edificio sufriu unha gran remodelación e a súa superficie foi reducida en boa medida[1].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ MATOS, Fernando Mota de (2007); "Termas romanas de Maximinos", en Duarte de Almeida, Á. e Duarte Belo (coords.): Portugal: Património, Volume I. Rio de Mouro, Círculo de Leitores. ISBN 9789724239071
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Termas romanas de Maximinos |
- Termas romanas do Alto da Cividade Arquivado 07 de novembro de 2017 en Wayback Machine., artigo en Braga Cool (en portugués).
- "As termas romanas no Alto da Cividade", artigo na web da Universidade de Minho (en portugués).