Terapóntidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terapon jarbua
Amniataba caudavittata

Os terapóntidos (Terapontidae; tamén recollido como Teraponidae, Theraponidae ou Therapontidae) son unha familia de peixes perciformes pertencentes á suborde Percoidei.

O nome procede do grego tera, -atos: monstruoso, estraño; e pontios, mariño.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Son de corpo alargado, lixeiramente comprimido lateralmente. Alcanza tamaños de ata 80 cm. No opérculo presentan dúas espiñas; preopérculo serrado.

A aleta dorsal está dividida nunha primeira parte de 11-13 radios espiñosos e unha segunda con 9-11 radios brandos; a parte espiñosa é depresible nunha bolsa basal. Na aleta anal, 3 radios espiñosos seguidos de 7-10 radios brandos. As aletas pélvicas insírense por detrás da base das pectorais e posúen unha espiña e 5 radios brandos. A caudal é redondeada ou truncada.

A liña lateral, continua e sen interrupcións, segue o perfil dorsal ata alcanzas a aleta caudal.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Inclúe especies mariñas pero tamén de augas salobres e de auga doce, distribuídas polos mares do Indo-Pacífico.

Aliméntase de peixes, algas e pequenos invertebrados.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Segundo WORMS divídese nos seguintes xéneros:

  • Amniataba
  • Bidyanus
  • Hannia
  • Helotes
  • Hephaestus
  • Lagusia
  • Leiopotherapon
  • Mesopristes
  • Pelates
  • Pelsartia
  • Pingalla
  • Rhynchopelates
  • Scortum
  • Syncomistes
  • Terapon
  • Variichthys

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Terapóntidos