Tenma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tenma (Astro-B)
Astro-b tenma.gif
Tenma / Astro-B
Tipo Observatorio espacial
Organización JAXA
Data de lanzamento 20 de febreiro de 1983[1][2]
Foguete portador Mu (M-3S-3)
Sitio de lanzamento Centro Espacial de Uchinoura[2]
Duración da misión 5,8 anos[1]
Obxectivo da misión Observación en raios X
Decaemento 17 de febreiro de 1988[1]
NSSDC ID 1983-011A
Masa 216 kg[3][2]

Tenma (en xaponés, Pegaso[4]), denominado ASTRO-B antes do lanzamento, foi un observatorio espacial xaponés de raios X pertencente á JAXA. Foi lanzado o 20 de febreiro de 1983 mediante un foguete Mu desde o Centro Espacial de Uchinoura (antes coñecido como Centro Espacial de Kagoshima) e reentrou na atmosfera o 17 de febreiro de 1988.

Características[editar | editar a fonte]

Tenma foi o segundo satélite de astronomía de raios X do Xapón e o rango de enerxías que podía observar iban de 0,1 keV a 60 keV. Os seus obxectivo foron a obtención de espectros de fontes de raios X con boa resolución, o estudio das variacións temporais das fontes de raios X, a busca por todo o ceo de explosións de raios X e a observación de fontes de raios X suaves cun telescopio reflector.[2]

Levaba a bordo catro instrumentos:[3][4]

  • Contadores proporcionais de centelleo de gas
  • Telescopio de transformada de Hadamard
  • Monitor de raios X para todo o ceo
  • Telescopio reflector de raios X

O satélite podía xirar a velocidades de 0,546, 0,137 ou 0,068 revolucións por minuto coa axuda dun volante de inercia. O eixe de xiro podía axustarse mediante torsión magnética.

Resultados[editar | editar a fonte]

Tenma descubriu a liña de emisión do ferro no disco galáctico, así como en outros corpos, como galaxias de núcleo activo. Descubriu tamén unha liña de absorción a 4 keV no espectro da explosión X1636-536.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "TENMA (ASTRO B)" (en inglés). Real Time Satellite Trackin. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=13829. Consultado o 13 de xullo de 2011.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Tenma" (en inglés). 8 de xullo de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/masterCatalog.do?sc=1983-011A. Consultado o 13 de xullo de 2011.
  3. 3,0 3,1 "Astro B (Tenma)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/astro-b.htm. Consultado o 13 de xullo de 2011.
  4. 4,0 4,1 4,2 "The Tenma [Astro B Satellite"] (en inglés). 2011. http://heasarc.nasa.gov/docs/tenma/tenma.html. Consultado o 13 de xullo de 2011.