Tenenisk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTenenisk

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoCabo San Pablo, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte1924 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxamán , curandeiro Editar o valor em Wikidata

Tenenisk, nado en Punta Azara, no cabo San Pablo, no século XIX e finado ibídem no inverno de 1924, foi un xamán indíxena do arquipélago de Terra do Fogo, metade selk'nam e metade haush, pertencente ao clan de Punta Azara, situada no cabo San Pablo.[1] Tamén era coñecido como Tininisk, Ténénese, Teneneshk ou Tenenesk, e hispanizado como Ventura.

Foi suxeito de estudo de varios exploradores, xunto con ser un dos últimos xamáns da súa relixión, os cales eran coñecidos como "xo'on".[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O terratenente Esteban Lucas Bridges describiuno na súa novela El último confín de la tierra, logo de coñecelo nun territorio de caza arredor de 1895.[3]

De porte atlético, ancho de ombreiros aínda que delgado, Tininisk media un metro sesenta e cinco de estatura. A súa mirada de aguia, a súa fronte inclinada cara a atrás e o seu nariz en forma de peteiro dábanlle un aspecto de paxaro de presa que non correspondía á realidade, pois era un home bondadoso e razoable; nos veinte e cinco anos que o tratei, atopeino sempre tranquilo e ben disposto. Nos últimos anos, cando eramos xa máis amigos, gustaba que eu, de brincadeira, lle dixese que el debía ter entre os seus devanceiros un corvo ou unha aguia; e nunha ocasión na que, sinalando a outro indio, lle dixen que quizais ese debía agradecerlle a algún devanceiro parrulo a forma do seu fociño, todos botáronse a rir de boa gana, mesmo a vítima da broma.

Nas sociedades selk'nam dentro da illa, o xamán era unha das persoas con máis prestixio, gañando un respecto temoroso dos seus membros. Nunha ocasión, Bridges preguntoulle a Tenenisk sobre os sus poderes relixiosos, ao cal lle contestou que "a Lúa era en certa maneira propicia a esas cousas; que era posible que un curandeiro contactase con espíritos fóra do alcance dos mortais comúns e mesmo vise cousas que estaban a suceder moi lonxe" e que o seu poder non era estable, dado que nalgunhas ocasións tería forza e noutras non.[3]

A primeira esposa de Tenenisk, Leluwhachin, tamén foi curandeira e pertencía a un grupo indíxena das cadeas de montañas detrás de Harberton e Ushuaia. Ademais, foi a única muller feiticeira que se coñece entre os selk'nam.[4] Pouco se sabe da familia de Tenenisk, a diferenza da de Leluwhachin, a cal está documentada extensivamente.[5] Dado á frecuencia da poligamia na sociedad selk'nam, tamén se documentou unha segunda esposa, Kauxia (hispanizada como Rosa), con quen tivo un fillo,[6] Inxiol (tamén soletreado Hinjiyolh, bautizado como Juan), descrito polo mesmo Bridges como "atlético e ben desenvolvido". Inxiol contraeu matrimonio con Houshken, quen morreu seis meses despois do nacemento da súa primeira e única filla, quen foi criada en gran parte por Leluwhachin e adoptou o nome castelán de Matilde.[3] Inxiol tamén contraeu matrimonio con Warkión (bautizada como María), con quen tivo outra filla, Josilopa, quen foi vítima do xenocidio selk'nam.[7] Pola súa parte, Matilde contraeu matrimonio con Luis Garibalde Honte, mestizo, fillo dunha muller selk'nam e un home italiano.

Entre 1907 e 1908, mentres traballaba como curandeiro na Estancia Harberton, contribuíu aos estudos do coronel e explorador estadounidense Charles W. Furlong.[8]

En 1919, o etnólogo alemán Martín Gusinde entrou en contacto con el, tralo cal escribiu a obra "Los indios de Tierra del Fuego". En 1923, alcanzou a celebrar a cerimonia selk'nam do hain, empregando a pintura facial característica dos xamáns do seu pobo: tres puntos brancos, un en cada tempa e o terceiro no entrecello sobre o nariz. Nesa miesma ocasión, Gusinde foi autorizado a participar e documentar a cerimonia do hain.[1]

Durante os seus últimos anos, Tenenisk europeizouse, aprendendo a falar castelán e inserindo o seu fillo no mundo hispanofalante. Gusinde describiu esta última actividade:

O vello Tenenesk e o seu fillo, acompañados por catro homes provenientes do campamento xunto ao lago Fagnano, apareceron na estancia dos irmáns Lawrence en Punta Remolino, xunto á canle Beagle. Tiñan por destino Ushuaia e permaneceron aquí dous días por mor do mal tempo. A intención especial de Tenenesk durante esta viaxe era poñer ao seu fillo ao servizo dun arxentino, para que aprendese moito dos brancos e que ademais lle mandase a miúdo tabaco.[1]

Faleceu no inverno de 1924, vítima dunha epidemia de xarampón, xunto a Kauxia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Tenenesk". Pueblos Originarios Biografías. Arquivado dende o orixinal o 2023-05-22. Consultado o 2023-05-16. 
  2. "Historia". Tierra del Fuego. Consultado o 2023-05-16. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Bridges, E. Lucas (1952). Emece Editores, S.A., ed. Uttermost Part of the Earth (PDF). Buenos Aires. 
  4. Drault, Ricardo E. (2001-02-12). "Personas "Lei-Lew"". Patagonia database. Arquivado dende o orixinal o 2001-05-28. Consultado o 2023-05-16. 
  5. Vieira Guevara, Matías (2020-06-28). "Los médicos entre los pueblos australes (los chamanes)" (PDF). La Prensa Austral. 
  6. "Perseguidos, capturados y exterminados: los espíritus de los pueblos de la Patagonia llegan al MNBA". El Mostrador (en castelán). 2016-10-19. Consultado o 2023-05-22. 
  7. Medinilla, Antonio. "La síntesis lo selk'nam". revistakokoro.com. Consultado o 2023-11-06. 
  8. "American Anthropologist New Series, Vol. 38 No. 3". Universidade de Chile. 1936. Consultado o 2023-05-16.