Tania González Peñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTania González Peñas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de outubro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Avilés, España Editar o valor em Wikidata
Eurodeputada
Representa: Podemos

11 de setembro de 2014 – 1 de xullo de 2019
← Carlos Jiménez Villarejo

Circunscrición electoral: España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPodemos Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Facebook: taniagonzalezpenhas Twitter: TaniaGonzalezPs Telegram: TaniaGonzalezPodemos Editar o valor em Wikidata

Tania González Penas, nada en Avilés o 18 de outubro de 1982, é unha política española, eurodeputada de Podemos e activista social.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tania González é licenciada en ciencias políticas pola Universidade Complutense de Madrid. Antes de ser elixida eurodeputada foi profesora interina de formación e orientación laboral en Laredo (Cantabria). Como activista social, é membro de distintas asociacións civís, como Les Rudes, colectivo feminista de Avilés, ou do CSI (Corrente Sindical de Esquerdas de Asturias).[2] Publicou diversos artigos de opinión no xornal español eldiario.es.[3]

Práctica política[editar | editar a fonte]

Dende outubro de 2015, Tania González é voceira de Podemos no Parlamento Europeo, dentro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica. Ademais, é a vicepresidenta da Delegación para as Relacións cos Países da Comunidade Andina, é membro da Comisión de Transporte e Turismo e suplente tanto da Comisión de Emprego e Asuntos Sociais como da Delegación na Asemblea Parlamentaria Euro-Latina.[4]

Dende a súa alta como eurodeputada o 11 de setembro de 2014, interveu 946 veces en plenario e presentado 181 preguntas parlamentarias.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Parlamento Europeo. "Parlamento Europeo / Miembros". Consultado o 6 de novembro de 2014. 
  2. Allende, Oscar (5 de novembro de 2014). "Un cántabro en el equipo de Pablo Iglesias en Podemos (Sección «La eurodiputada que trabajó en Laredo»).". Consultado o 6 de novembro de 2014. 
  3. "Artículos de Opinión de Tania González en Eldiario.es". Consultado o 18 de agosto de 2017. 
  4. "Diputados al PE | Miembros | DAND | Delegaciones | Parlamento Europeo". Consultado o 7 de decembro de 2017. 
  5. "Portal de transparecia Podemos - Tania Gonzalez". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2017.