Sui generis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O termo Sui generis, de orixe latina, significa, literalmente, "do seu propio xénero", ou sexa, "único no seu xénero". Úsase coma adxectivo para indicar que algo é único, peculiar: unha actividade sui generis, unha proposta sui generis, un comportamento sui generis.

A expresión comezou a ser usada para cousas especiais, singulares, a partir do século XVIII, principalmente en textos científicos, para calificar substancias, enfermidades e até mesmo rochas que non se encuadraban nos grupos coñecidos ou que parecían ser os únicos representantes da súa clase ou xénero. Pouco a pouco, sui generis traspasou os límites da ciencia clasificatoria e pasou a usarse para calquera cousa fóra do común.

En certos contextos, a expresión emprégase eufemisticamente, disfrazando, por medio da pompa e circunstancia do latín, unha crítica a algo que nos pareceu francamente feo; por iso mesmo, temos que ter coidado ao usala, para non sermos acusados de irónicos. Un comentario do tipo "Aquel profesor ten unha maneira sui generis de expor as súas ideas" pode lerse tanto nun bo sentido, coma nun mao; cómpre esclarecer cal é a nosa intención. Como todas as expresións latinas, debe destacarse na escrita (itálico ou subliñado).