Kadavu
| Kadavu | |||||
|---|---|---|---|---|---|
|
|||||
| Localización | |||||
| Datos | |||||
| Capital | Vunisea | ||||
| País | Fidxi - Viti | ||||
| Linguas | |||||
| Poboación (1996) | 9.535 hab. | ||||
| Superficie | 478 km² | ||||
| Densidade | 19´95 hab/km² | ||||
| Concellos | |||||
| Coordenadas | 19°3′S 178°15′E / 19.05°S 178.25°E | ||||
| Maior Altura | 822 m. Monte Washington | ||||
Kadavu é a cuarta maior illa de Fidxi, con un área de 411 km², e a maior illa do Grupo Kadavu, un arquipélago volcânico formado polas illas Kadavu, Ono, Galoa e várias illas menores no Arrecife do Gran Astrolábio (Great Astrolabe Reef, en inglés). A súa principal cidade é Vunisea, que posue un aeroporto, unha escola secundária, un hospital e unha base do goberno. Suva, capital do país, está localizada 88 km ao norte de Kadavu, na illa de Viti Levu.
Índice |
Administración [editar]
A illa de Kadavu é parte da província de Kadavu, pertencente a División do Leste.
Xeografia [editar]
Kadavu posue 93 km de lonxitude e varia entre 365 metros a 13 km de largo. A illa é case dividida en duas partes polo istmo de Namalata, que liga a Baía de Namalata, na costa norte, co porto natural (ou ancoradoiro) de Galoa na costa sur. Dentro do porto natural de Galoa fica a illa Galoa e o pequeno illote de Tawadromu. A montaña mais alta da illa é a Nabukelevu, tamén coñecida como Monte Washington, con 822 metros de altura, localizada no estremo oeste da illa.
Kadavu ainda posue o 75% da súa selva tropical orixinal e unha rica diversidade de paxaros.
Economia [editar]
Kadavu é unha das áreas menos desenvolvidas das Fidxi. Hai poucas estradas e a economia local é moi dependente da agricultura de subsistência. Non hai bancos en Kadavu. O turismo estáse facendo popular.
Véxase tamén [editar]
Província de Kadavu