Lautoka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lautoka é a segunda maior cidade das Fidxi e o segundo porto de entrada do país, tras Suva. Está situada no oeste da illa de Viti Levu, 24 km ao norte de Nadi, no medio da rexión de plantación de cana de azucre do país, polo que é coñecida como a cidade azucre. Segundo o censo de 1996, a cidade posuía 42.917 habitantes.

Lautoka é a capital da Divisón do Oeste.