Stephen McNallen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ásatrú
Expoñentes
Sveinbjörn Beinteinsson
Stephen McNallen
Actualidade relacionada
Vanatrú
Teodismo
Termos relacionados
Etenismo
Neopaganismo

Stephen A. McNallen, nado o 15 de outubro de 1948 en Breckenridge, Texas, é un influente líder neopagán xermánico e escritor.

Licenciado en ciencias políticas pola Midwestern University, estivo moi envolvido no Ásatrú desde os anos 70. En 1972 fundou o grupo proto-Ásatrú "the Viking Brotherhood", e comezou unha pequena publicación periódica chamada the Runestone. "The Viking Brotherhood" pasou a denominarse "the Asatru Free Assembly".