Teodismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Teodismo é unha rama do etenismo nacido e difundido en América setentrional apartir de 1976. A relixión teodista preséntase como un movemento principalmente reconstruccionista das relixións practicadas polas tribos do norte de Europa antes da difusión do cristianismo.

Orixinalmente o teodismo baséase principalmente no paganismo anglosaxón, pero co tempo o termo cobre todas as congregacións etenistas que se basean nas antigas tradicións da tribos teutónicas, é dicir, os normandos, saxóns, frisóns, xutos, godos, alemáns, suecos e daneses, todas as variantes da relixión xermánica.