Stacksat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Stacksat foi unha misión serie de DARPA de carácter experimental e formada por tres satélites lanzados xuntos o 11 de abril de 1990 mediante un foguete Atlas-E Altair-3A.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Os tres satélites Stacksat usaban o bus Maestro e tiñan unha masa duns 68 kg cada un. Tiñan forma de cilindro, estabilizábanse mediante gradente gravitatorio e alimentábanse mediante a células solares que recubrían os seus laterais, producindo ata 15 W de potencia. A misión orixinal constaba de dous satélites que ían ser lanzados nun Scout G1, pero ao xa non quedar foguetes libres deste tipo decidiuse usar un Atlas E cun rendemento anormalmente baixo nun dos seus motores combinado cunha etapa Altair 3A. Os tres satélites da misión eran:[1][2]

  • POGS & SSR (Polar Orbiting Geomagnetic Survey & Solid State Recorder): adicouse a medir o vector do campo magnético terrestre ao longo da súa órbita. Os datos obtidos axudaron a mellorar os sistemas de navegación terrestre e gardábanse nunha grabadora de estado sólido experimental.
  • TEX (Transceiver EXperiment): levaba a bordo un transmisor de potencia variable para estudar o efecto da ionosfera nas transmisións en radiofrecuencia para determinar a potencia mínima coa que debe transmitir un satélite para poder ser recibida en terra.
  • SCE (Selective Communications Experiment): usou un transmisor de frecuencia variable para estudar os efectos da ionosfera a diferentes frecuencias. Demostrou tamén o uso de técnicas de almacenamento e transmisión posterior como medio de comunicación.

A misión foi completada construíndo seis estacións de terra de baixo custo distribuídas por todo o mundo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "Stacksat P87-2" (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Stacksat (POGS & SSR / TEX / SCE)" (en inglés). Consultado o 2 de outubro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]