South Sydney Rabbitohs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rabbitohs
Nome completo - South Sydney Rabbitohs
Fundación - 1908
Localización - Sydney, Australia
Estadio - ANZ Stadium
Capacidade - 83.500
Presidente - Shane Richardson
Adestrador - John Lang
Capitán - Roy Asotasi
Liga - National Rugby League
Tempada - 2011
Posición - 10º

O South Sydney Rabbitohs é un equipo profesional de rugby league da cidade de Sydney, en Nova Gales do Sur (Australia), fundado en 1908, e que compite na National Rugby League, competición na que saíu campión 20 veces. Estes 20 campionatos fan dos Rabbitohs o equipo máis laureado do rugby league australiano.

Palmarés[editar | editar a fonte]

A pesares de acadar o título en 20 ocasións, a última vez que os Rabbitohs sairon campións foi no ano 1971. A finais dos anos 80 o equipo tivo boas participacións na NRL. En 1986 remataron 2º na liga regular, pero caeron en semifinais. En 1989 acadaron o 1º posto na liga regular, pero de novo caeron nos playoffs. Dende entón os Rabbitohs remataron só 3 veces entre os 10 primeiros. Os malos resultados deron nunha mala situación económica, que provocou que o equipo non disputase a liga en 2000 e 2001. A presión pública fixo que en 2002 os Rabbitohs foran readmitidos no campionato.

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

  • National Rugby League (20) = 1908, 1909, 1914, 1918, 1925, 1926, 1927, 1928, 1929, 1931, 1932, 1950, 1951, 1953, 1954, 1955, 1967, 1968, 1970, 1971

Xogadores[editar | editar a fonte]

Russell Crowe, actual propietario do equipo.

Equipo actual[editar | editar a fonte]

South Sydney Rabbitohs
Xogadores do primeiro equipo Corpo técnico
  • Flag of New Zealand.svg Roy Asotasi (1c) - PR
  • Inglaterra George Burgess - PR
  • Inglaterra Sam Burgess - SR
  • Flag of Australia.svg Jason Clark - LK, HK
  • Flag of Australia.svg Shaune Corrigan - CE, WG
  • Flag of Australia.svg Michael Crocker - LK, SR
  • Flag of Australia.svg Beau Falloon - HK
  • Flag of Australia.svg Dylan Farrell - CE, FE
  • Flag of Australia.svg Scott Geddes - PR
  • Flag of Australia.svg Greg Inglis - CE
  • Flag of Australia.svg Blake Judd - LK
  • Flag of Australia.svg Ben Lowe - LK, SR, CE
  • Flag of New Zealand.svg Issac Luke - HK
  • Flag of Liberia.svg Josh Mansour - WG
  • Flag of Australia.svg Shannan McPherson - SR, PR
  • Flag of Australia.svg Chris McQueen - WG, SR
  • Flag of Australia.svg Nathan Merritt - WG, FB
  • Flag of New Zealand.svg Kane Morgan - WG, CE
  • Flag of Australia.svg Matt Mundine - FE, LK
  • Flag of Australia.svg Nathan Peats - HK, SR
  • Flag of New Zealand.svg Eddy Pettybourne - SR, PR
  • Flag of Australia.svg Adam Reynolds - HB
  • Flag of Australia.svg Ben Ross - PR
  • Flag of Australia.svg Chris Sandow - HB
  • Flag of Australia.svg Luke Stuart - PR
  • Flag of Australia.svg John Sutton - FE
  • Flag of Australia.svg Fetuli Talanoa - WG
  • Flag of Australia.svg David Taylor - SR, PR
  • Flag of Australia.svg Dave Tyrrell - SR, LK
  • Flag of Australia.svg Malcolm Webster - FE, HB
  • Flag of Australia.svg Rhys Wesser - FB
  • Flag of Australia.svg Deon Apps - LK, SR
  • Inglaterra Luke Burgess - PR



Adestrador

Asistentes do adestrador


Lenda:
  • (1c) 1º Capitán

Data: 21 de xullo de 2011
Fontes: Xogadores dos Rabbitohs

A chegada de Russell Crowe e Peter Holmes en 2006 ós Rabbitohs como novos propietarios, ten provocado unha suba no número de abonados ó club e a chegada de figuras do rugby league ó equipo, como é o caso de Greg Inglis, Luke Burgess, etc, facendo que o equipo sexa de novo competitivo.

ANZ Stadium, fogar dos Rabbitohs.

Estadio[editar | editar a fonte]

Os Rabbitohs xogan os seus encontron como locais no ANZ Stadium, un recinto que foi inaugurado en 1996 e que acolleu as probas de atletismo nas Olimpiadas de Sydney do 2000. O estadio ten capacidade para acoller a 83.500 persoas, ainda que nos encontros da NRL esta capacidade redúcese a 40.000.

Outros equipos xogan como locais neste estadio, como o Canterbury Bulldogs da NRL e os Sydney Swans da AFL, xa que o recinto é da propiedade da empresa Stadium Australia Group, que o aluga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]