Sophia Brahe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sophia Brahe

Sophia Brahe, nada en 1556 e finada en 1643, foi unha astrónoma dinamarquesa que axudou ó seu polifacético irmán Tycho Brahe, 10 anos maior, nos seus estudos astronómicos, que foron básicos para determinar os sistemas orbitarios planetarios coñecidos actualmente.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o mesmo Tycho quen coidou da súa educación cando se fixo evidente o seu interese polo estudo. A súa axuda extendeuse á astronomía, pero tamén ós outros traballos mantidos polo irmán no campo da saúde, dos cultivos ou a historia, chegando a ser, o mesmo que o irmán, unha lenda viva. É hoxe o día no que nalgunha universidade úsanse as súas crónicas como metodoloxía exemplar nas técnicas de investigación. Unha cita, extraída dunha publicación danesa de 1846 é ilustrativa sobre esta muller: “Cando Dinamarca lembra o seu fillo Tycho, non debera esquecer a nobre muller que era a súa irmá, máis en espírito que no sangue. Esta estrela xurdida no noso ceo danés era polo tanto unha estrela dobre”

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]