Sommarnattens leende
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Sorrisos dunha noite de verán | |
| Título orixinal | Sommarnattens leende |
| País | Suecia |
| Ano | 1955 |
| Duración | 108 min. |
| Xenero | Comedia |
| Produción | Allan Ekelund |
| Dirección | Ingmar Bergman |
| Guión | Ingmar Bergman |
| Fotografía | Gunnar Fischer |
| Música | Erik Nordgren |
| Reparto | Ulla Jacobsson Eva Dahlbeck Harriet Andersson Margit Carlqvist Gunnar Björnstrand Bibi Andersson |
Sorrisos dunha noite de verán (en sueco Sommarnattens leende) é un filme sueco dirixido por Ingmar Bergman en 1955, o primeiro dos seus filmes en ser coñecido internacionalmente ao se presentar ao Festival Internacional de Cine de Cannes de 1956 e obter un premio polo seu humorismo poético. Segundo a revista Time é un dos cen mellores filmes da historia do cine. Woody Allen rendeulle homenaxe en A Midsummer Night's Sex Comedy (1982).