Solario (aparello)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cámara de bronceado.

Un solario[1] (do latín solarium, solaina, azotea) ou cámara de bronceado é un aparello provisto de lámpadas de raios UVA, que se utiliza con fins terapéuticos ou para se broncear. Por extensión, tamén reciben o nome de solario, os locais especializados para a radiación do corpo con estes aparellos de radiación ultravioleta. Con este tipo de radiación procúrase un bronceado da pel cunha motivación estética. Este tipo de técnica emprégase tamén na medicina para tratar diferentes tipos de doenzas cutáneas.

Técnica[editar | editar a fonte]

Os principais compoñentes técnicos nun solario son unha fonte de radiación ultravioleta, diferentes filtros así como reflectores e unha estrutura mecánica cunha superficie útil[2].

Os resultados do bronceado varían dependendo dos solarios, dado que por unha banda os tubos radiadores teñen diferentes potencias e por outra banda a combinación UV-A e UV-B da radiación ultravioleta. Mentres que a compoñente UV-A é causante do bronceado da superficie, que xurde de xeito rápido e intensivo (pero por outra banda perde o seu efecto máis axiña), a compoñente UV-B é responsábel dun bronceado máis duradeiro. A desvantaxe desta última é que o bronceado non se fai notar até dous días despois da exposición á radiación. Por iso, a cámara máis axeitada depende do tipo de bronceado que se procure. A variedade nos tipos de radiación depende da selección que realice o propietario do solario.

No mercado aínda se poden atopar dispositivos cunha potencia radiactora de 0,6 Watt/m², mentres que os novos dispositivos, dunha potencia menor (0,5 Watt/m²) cumpren coa normativa europea vixente de xullo de 2007 e se consideran seguros. Porén, os expertos recomendan non abusar das radiacións ultravioletas e utilizar os mesmos de xeito responsábel.

Riscos para a saúde[editar | editar a fonte]

A Organización Mundial da Saúde rexeita o uso de solarios co fin de broncear a pel. Esta afirmación baséase en estudos médicos que demostran unha influencia negativa da radiación ultravioleta na pel acelerando polo xeral o seu envellecemento, un maior risco de cancro de pel e posíbeis danos nos ollos.[3] Esta organización cataloga por isto los solarios dende 2009 como canceríxenos.[4] A aqueles que non queren renunciar ao uso de solarios con fins estéticos, a Axencia Alemá para a Protección contra Radiacións (BfS) recomenda consultar primeiro cun dermatólogo, reducir o número de visitas ao solario, non sobrepasar as 50 visitas (incluídas as sesións de sol natural) ao ano, utilizar sempre unhas lentes protectoras e non utilizar materiais cosméticos (incluída crema solar protectora) antes dunha sesión no solario.[5]

Antes da primeira visita ao solario recoméndaselle ao usuario determinar o tipo de pel. As persoas cunhaa pel moi clara e con risco de queimaduras de sol e risco de canceo de pel non deben ir ao solario.[6]

O comité científico de produtos de consumo da Comisión Europea recomenda ás persoas con factores de risco a non utilizar as cámaras de bronceado. Entre os grupos de risco contan as persoas con pel sensíbel, cabelos louros, trigueiros e rubios, con pencas ou marxas, e lunares numerosos ou irregulares ou melanomas. Durante o uso das cámaras compre prestar atención a unha protección axeitada dos ollos. Aos solarios non poden acodir persoas menores de 18 amos, dado que en idades cedas o risco de cancro de pel é aínda maior.[7][8]

Lexislación[editar | editar a fonte]

A nivel español: Real Decreto 1002/2002, do 27 de setembro, polo que se regula a venda e utilización de aparellos de bronceado mediante radiacións ultravioletas. (B.O.E. núm. 243 do 10 de outubro de 2002)

No seu Capítulo VI, Artigo 14, o Real Decreto indica que a vixilancia e inspección de canto se establece no mesmo e normas que o desenvolvan realizarase polos órganos competentes das Comunidades Autónomas.

Das 17 Comunidades Autónomas españolas, só algunhas desenvolveron as normas correspondentes, entre estas Galiza, no Decreto 253/2004, do 7 de outubro, polo que se regulan as actividades de bronceado artificial mediante radiacións ultravioletas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]