Sodiga Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sodiga»)
Sodiga Galicia
TipoSociedade anónima e sociedade de capital risco
Data de fundación14 de novembro de 1972
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
Na rede
https://www.xesgalicia.org/gl/content/sodiga
editar datos en Wikidata ]

Sodiga Galicia é unha sociedade anónima de capital risco galega, participada pola Xunta de Galicia.

Historia[editar | editar a fonte]

A sociedade constituíuse o 14 de novembro de 1972 co nome de Sociedad para el Desarrollo Industrial de Galicia. Formaban parte dela o Instituto Nacional de Industria (51 %), as caixas de aforro de Galicia, o Banco Pastor e o Banco de Bilbao. En 1995 adquiriuna a Xunta de Galicia, que posúe o 76 % do capital, repartíndose o resto entre Abanca, BBVA e Banco Santander. Desde 1999 está xestionada por Xesgalicia.[1]

Estivo presente en proxectos e iniciativas dos sectores industrial, naval, vitivinícola, pedra, enerxía ou as sociedades de garantía recíproca.

Características[editar | editar a fonte]

As inversións de Sodiga diríxense a empresas con alto potencial de crecemento, xestionadas por empresarios de recoñecida solvencia profesional e que teñan relación co desenvolvemento e consolidación da economía e a industria de Galicia.[2]

O capital risco é unha actividade financeira consistente en subministrar recursos a medio e longo prazo, pero sen vocación de permanencia ilimitada. Desde o punto de vista financeiro, supón un incremento dos fondos propios, engadindo credibilidade e estabilidade financeira e, desde o punto de vista interno da empresa, axuda á profesionalización da xestión empresarial, colaborando na busca de financiamento adicional, apoiando a internacionalización e outros servizos.[2]

Sodiga regresou ás súas orixes da man dos orzamentos de 2017, nos que se dedicaron á empresa 512 000 euros. Estaba previsto que en 2018 o orzamento se multiplicase por seis.[3] En 2021 saíu do accionariado de Clesa e refinanciou a débeda de Monbus.[4]

Notas[editar | editar a fonte]