Sith
No universo de Star Wars os Sith son un grupo de seguidores do Lado Escuro da Forza (véxase "Forza (Star Wars)"). Son os inimigos dos Jedi.
A palabra Sit significa "hada" no idioma celta.
Introducción [editar]
Un Sith é unha raza sensible á Forza, do mesmo xeito que o son os Jedi. Con todo, os Sith diferéncianse moito destes últimos. Un Jedi obtén o poder na Forza mediante a meditación, a paz interior, e o dominio do medo, así como do odio, o anoxo e a agresividade. Os Sith fan todo o contrario, co mesmo obxectivo (que é o poder na Forza). Eles non dominan para nada o seu temor, pola contra, éste termina axudándoos. Cando loitan fano con odio, violencia, e furia, que pode chegar a converterse en ira.
De feito, a ideoloxía Sith consiste no actuar con anoxo, e non con sabedoría e lóxica. Consiste tamén en que un Sith debe obter o poder para se beneficiar soamente a sí mesmo, o cal é contrario aos Jedi, que queren o poder para manter a paz na galaxia e beneficiar aos demais.
A vantaxe que posúen os Sith sobre os Jedi é que os primeiros utilizan o Lado Escuro e non o Lado Luminoso da Forza. E sucede que o Lado Escuro outorga poder mais fácil e rápidamente, debéndose isto a que é mais doado odiar que acougar o odio. Pero a súa vez, os Sith teñen unha desventaxa, que é que o poder pódese volver en contra deles, volvéndoos tan malvados, egoístas, egocéntricos, tiranos e despiadados que terminan sen ter absolutamente ningún ser querido excepto, obviamente, eles mesmos, por iso é moi común que un aprendiz traizoe ao seu mestre.
Os Sith utilizan espada láser de cor vermella, a cal representa o poder, a paixón, o odio e a morte. O cristal que produce a cor bermella na espada de luz é artificial e creada polos mesmos Sith, a diferenza dos que producen os cores azul e verde, os cales son atopados en cavernas naturais. Estas dúas últimas cores, entre outras poucas, son usadas polos Jedi, que representan a paz, a sabedoría e o orde.
Código Sith [editar]
Iste código Sith é o que aparece en Knights of the Old Republic:
-
- A paz é unha mentira, só existe o odio
- O amor é unha mentira, só existe a paixón.
- A través da paixón, obteño fortaleza.
- A través da fortaleza, obteño poder.
- A través do poder, obteño a vitoria.
- A través da vitoria, as miñas cadeas son rotas.
- A Forza liberarame.
Grandes Figuras do Sith [editar]
- Xendor, O primeiro Jedi Escuro.
- Maul Ororchi, Fillo e sucesor de Darth.
- Darth Basus, Antigo Señor escuro dos Sith
- Ajunta Pall, Lord Escuro dos Sith
- Marka Ragnos, Lord Escuro dos Sith.
- Ludo Kressh, Lord Escuro dos Sith
- Naga Sadow, Lord Escuro dos Sith.
- Freedon Nadd, Lord Escuro dos Sith e traidor Jedi
- Exar Kun, Lord Escuro dos Sith durante a Guerra Sith.
- Ulic Qel-Droma, Jedi gardián da emperatriz Teta e cabaleiro Sith en secreto.
- Darth Revan, Jedi líder nas Guerras Mandalorianas e Lord Escuro do Sith despois.
- Darth Malak, aprendiz de Revan e logo Lord Oscuro do Sith.
- Darth Bandon, aprendiz de Darth Malak.
- Darth Joss, Lord Escuro dos Sith.
- Darth Sion, Lord Escuro dos sith logo de Darth Malak e aprendiz de Darth Traya.
- Darth Nihilus, Lord Escuro dos sith e aprendiz de Darth Traya.
- Darth Traya, Lady Escura dos sith.
- Dathka Graush, un dos primeiros Lores Escuros do Sith
- Darth Bane, Lord Escuro dos Sith, único supervivente Sith de Ruusan.
- Darth Zannah, Lady Escura dos Sith e aprendiza de Bane.
- Darth Plagueis, Lord Escuro dos Sith mestre de Darth Sidious
- Darth Sidious, Lord Escuro dos Sith, Palpatine "o Emperador"
- Darth Maul, Lord Sith aprendiz de Darth Sidious.
- Darth Tyranus, Lord Sith tamén coñecido como Conde Dooku, aprendiz de Darth Sidious, un Jedi caído.
- Darth Vader, Lord Sith antes coñecido como Anakin Skywalker
- Jerec, Lord Escuro dos Sith que descobre o Val do Jedi. Foi asesinado por Kyle Katarn
- Yun, Primer Cabaleiro sith de Jerec. Enfrentouse a Kyle Katarn e iste, perdooulle a vida. Logo, traizona ao seu mestre salvándolle a vida e entregándolle o seu Sable de Luz a Kyle Katarn.
- Desann (Darth Sann), Lord Sith que se enfrentou a Kyle Katarn
- Lumiya, Lady Escura dos Sith, aprendiza de Vader e primeira Sith da Nova Orde Sith.
- Darth Talon. Señora Twilek escura do Sith.
- Mara Jade, A Man do Emperador, que trala morte do Emperador uniuse á Nova República, e mais adiante cásase con Luke Skywalker e ten un fillo chamado Ben Skywalker.
- Maw. Aprendiz de Jerec. Foi asesinado por Kyle Katarn en Ruusan.
- Boc. Un dos seis jedis escuros de Jerec. Foi asesinado por Kyle Katarn no Val dos Jedis.