Sihem Badi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSihem Badi

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Degache, Tunisia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Minister of Women Affairs (en) Traducir
24 de decembro de 2011 – 29 de xaneiro de 2014 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaTunisia (2008–) Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeTunisia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade París-Diderot Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCongresso para a República (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata

Sihem Badi, nada en Degache o 12 de xuño de 1967, é unha política tunisiana, membro do Congreso para a República (CPR).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Completou a súa educación primaria en Tunes, logo continuou a súa educación secundaria no colexio Aboul-Qacem Echebbi en Tozeur e obtivo un bacharelato en ciencias na escola secundaria de Degache. A partir de 1987 realizou estudos superiores na Facultade de Medicina de Tunes. Obtivo un diploma de Estado de doutoramento en medicina da Universidade de París VII Denis Diderot en 2006 cunha tese titulada La prise en charge des troubles psychiques de l'adolescent par le psychiatrist, le psychologue et le médecin généraliste.[1]

Exilio en Francia, despois regreso a Tunes[editar | editar a fonte]

En 1992, foi condenada a dous anos de prisión e logo decidiu exiliarse en París, onde se lle concedeu asilo político despois de seis anos.[2] Regresou a Tunes en 2008 e volveu obter a liberdade de circulación.[3]

Función ministerial[editar | editar a fonte]

Candidata do CPR nas eleccións do 23 de outubro de 2011, foi nomeada Ministra de Asuntos da Muller no goberno de Hamadi Jebali e logo reelixida no goberno de Ali Laarayedh.

Tralo auxe do matrimonio Nikah urfi entre os estudantes universitarios, declarouse a favor do matrimonio consuetudinario antes de retractarse unha semana despois.[4][5][6]

Unha moción de censura presentada contra Sihem Badi e sometida a votación na sesión plenaria da Asemblea Constituínte o 16 de abril de 2013 non obtivo a maioría absoluta, o que lle permitiu seguir sendo ministra.[7]

En 2017, Sihem Badi opúxose á reforma da Lei 52 de Tunes (sobre a despenalización do consumo de cánnabis), durante o programa Face à face, emitido en France 24.[8]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Sihem Badi é solteira e nai de tres fillas.[3]

O seu irmán Azed Badi foi membro da Asemblea Constituínte de 2011. Segundo Mosaïque FM, o seu irmán Nizar foi arrestado o 21 de setembro de 2012 en relación con casos de estafa e cheques.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Système universitaire de documentation" (en francés). Consultado o 16 de maio de 2020. 
  2. "Sihem Badi : « Les craintes sur les droits des femmes ne sont pas fondées »" (en francés). 1 de marzo de 2012. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Entretien radiophonique de Sihem Bad" (en francés). Consultado o 16 de maio de 2020. 
  4. "Tunisie : la révolution sexuelle des salafistes" (en francés). 20 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  5. "Sihem Badi: «Le mariage coutumier est une liberté personnelle»" (en francés). 1 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  6. "Mariage coutumier en Tunisie : Sihem Badi se rétracte" (en francés). 6 de febreiro de 2012. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  7. "Motion de censure contre Sihem Badi : détails des votes" (en francés). 16 de abril de 2013. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  8. "L'ancienne ministre des Affaires de la femme Sihem Badi se positionne contre la dépénalisation de consommation de cannabis". 25 de xaneiro de 2017. Archived from the original on 23 de novembro de 2017. Consultado o 16 de maio de 2020. 
  9. "Arrestation du frère de la ministre des Affaires de la femme, Nizar Badi" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 16 de maio de 2020.