Shan Tao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaShan Tao

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento205 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Wuzhi County (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte283 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (77/78 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeCao Wei
Dinastía Jin do Oeste Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , filósofo Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHan Shi

Shan Tao (chinés tradicional: 山濤; chinés simplificado: 山涛; pinyin: Shān Tāo; Wade-Giles: Shan1 T'ao1), nado en 205 e finado o 3 de marzo de 283, foi un erudito e intelectual chinés, un dos Sete Sabios da Fraga de Bambú.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Shan Tao naceu en Henei, na actual provincia de Henan. Estudou os textos de Laozi e Zhuangzi, e foi amigo de Ji Kang e Ruan Ji. O máis vello dos Sete Sabios, non chegou a ocupar un posto de funcionario até os corenta anos.[1] Viviu de maneira frugal, combinando o servizo público co retiro espiritual, polo que recibiu críticas de Ji Kang.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Suen, Kevin. "Meet the Hippies of China: The Seven Bamboo Sages - China Simplified" (en inglés). Consultado o 2024-04-26.