Seru Epenisa Cakobau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ratu Seru Epenisa Cakobau

Ratu Seru Epenisa Cakobau, nado en 1815 e finado en 1883, foi rei de Fidxi (Tui Viti) entre o 5 de xuño de 1871 e o 10 de outubro de 1874, cando cedeu a soberanía do país á raíña Vitoria do Reino Unido.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cakobau era o xefe tradicional de Bau dende o 8 de decembro de 1852 ao suceder ao seu pai, Tanoa Visawaga, aínda que se reclamaba rei de Fidxi ao afirmar que Bau tiña preeminencia sobre o resto de Fidxi, o que non aceptaron os outros xefes, e comezou unha guerra de dezanove anos. En 1854 converteuse ao cristianismo e renunciou ao canibalismo. En 1865 formouse a Confederación de Reinos Independentes de Viti, que tiña a Cakobau como presidente da Asemblea Xeral, en 1871 unificou Fidxi baixo o seu reinado, e estableceu unha monarquía constitucional