Semana Santa en Andalucía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nazarenos en Xerez da Fronteira.

A Semana Santa en Andalucía é a conmemoración anual cristiá da Paixón, Morte e Resurrección de Xesús de Nazaret e unha das expresións máis xenuínas do sentir cristián andaluz. Supón un fenómeno de carácter sociocultural, turístico e económico de grande importancia na comunidade, de grande arraigamento entre os seus habitantes, quen participan masivamente nela, dando lugar aos máis diversos enfoques, desde a máis estrita ortodoxia, até unha visión soamente cultural.

A través dos desfiles procesionais que se realizan en centenares de pobos e cidades, organizados polas confrarías, sácanse á rúa pasos con imaxes ou grupos escultóricos, en ocasións de gran valor histórico-artístico, representando escenas da Paixón, Morte e Resurrección. Estes van acompañados dun importante cortexo de penitentes ou nazarenos, vestindo o hábito da confraría, portando cirios ou cruces, ademais de farois, estandartes, así como mulleres de "mantilla" e acompañamento musical.

Están catalogadas a Semana Santa de Málaga (1980), Granada (2009) e Sevilla (1980), de interese turístico internacional, e de interese turístico nacional e rexional a celebración da Semana Santa en decenas de municipios andaluces como a de Xerez da Fronteira desde 1993, esta tamén de interese turístico internacional,[1] así como 13 festas relacionadas coa Semana Santa de municipios repartidos por toda a xeografía andaluza. Ademais, o 17 de xullo de 2006 o goberno andaluz declarou de forma xeral á Semana Santa de Andalucía como festa de interese turístico de Andalucía debido ao fenómeno cultural que desempeña con características comúns e unitarias que a singularizan respecto doutras e por ser un importante elemento dinamizador da actividade turística de Andalucía.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]