Segundo Arceo Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSegundo Arceo Díaz
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor em Wikidata
Silleda, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 1964 Editar o valor em Wikidata (81/82 anos)
Silleda, España Editar o valor em Wikidata
Alcaldesa de Silleda
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata

Segundo Arceo Díaz, nado en Silleda en 1882 e finado no mesmo concello o 27 de agosto de 1964, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comerciante en Silleda. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Silleda en marzo de 1924.[1] Na Segunda República foi elixido concelleiro de Silleda en 1931. Logo da dimisión de Emilio Alonso Paz foi elixido alcalde de Silleda en xuño de 1934, permanecendo no cargo ata outubro dese ano. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, estivo preso en San Simón e sufriu expediente de responsabilidades políticas.[2] Finou en Silleda o 27 de agosto de 1964.[3]


Predecesor:
Emilio Alonso Paz
 
Alcalde de Silleda
 
1934
Sucesor:
Antonio Trabazo Lorenzo

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Elisa Alonso Ríos, irmá de Antón Alonso Ríos, e foi pai de Purificación, María Alicia, Mercedes, Esther, Alfredo, Lourdes, José Antonio, Manuel e Raquel Arceo Alonso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Progreso, 30-3-1924, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 10-10-1941, p. 4.
  3. El Pueblo Gallego, 28-8-1964, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]