Secretaría Xeral Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Secretaría Xeral Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela
Tipoorganización
Organización matrizUniversidade de Santiago de Compostela
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

A Secretaria Xeral Universitaria é unha axencia da Universidade de Santiago de Compostela que exerce a secretaría do Claustro Universitario, e do Consello de Goberno, difunde e da fe de todos os actos e acordos dos órganos colexiados de representación, goberno e administración xerais da Universidade, agás do Consello Social. Outras das súas funcións son: a dirección do Servizo de Xestión Académica, da Oficina de Análise de Reclamacións, da parte administrativa do Arquivo Universitario, do Rexistro Xeral, da Asesoría Xurídica da Universidade e do Servizo de Normalización Lingüística. Así mesmo correspóndelle a custodia e recolección das actas de cualificación dos estudantes e é responsable da xestión electoral, en coordinación coa Comisión Electoral Central da Universidade. A secretaria xeral é membro nato do Consello Social e preside a Comisión de Normalización Lingüística do Claustro Universitario.

A secretaria xeral adxunta auxilia á secretaria xeral na súa labor de goberno.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]