Sebastian Fagerlund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSebastian Fagerlund

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1972 Editar o valor em Wikidata (51 anos)
Pargas, Finlandia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFinlandia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata

Last fm: Sebastian+Fagerlund Musicbrainz: e52df7d9-aa8b-4f75-b131-ed128e7d51f0 Discogs: 6095671 Allmusic: mn0001703898 Editar o valor em Wikidata

Sebastian Fagerlund, nado en Parainen o 6 de decembro de 1972, é un compositor finlandés residente en Helsinqui. É considerado como un dos máis interesantes compositores finlandeses da súa xeración.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sebastian Fagerlund estudou composición na Sibelius-Akatemia de Helsinqui con Erkki Jokinen, finalizando os seus estudos en 2004. Tamén ten asistido a numerosas clases maxistrais de composición con mestres como Michael Jarrel, Magnus Lindberg e Ivan Fedele.[1]

En 2006 estreouse o seu Concerto para Clarinete, que resultou un grande éxito que o levou a ser interpretado en varias ocasións dende aquela e fixo que se lle encargaran máis obras e representacións de importantes orquestras e músicos de todo o mundo.[1] Ao ano seguinte, o Festival de Música de Korsholm - Mustasaari encargoulle a obra orquestral Isola, que dende aquela foi interpretada por diversas orquestras.[1] En novembro de 2013, a BBC Symphony Orchestra estreou no Reino Unido o Concerto para guitarra, que foi gravado para a súa emisión posterior.[1]

En 2011 a Sociedade Teosto outorgoulle o Teosto-palkinto, un dos premios máis importantes na mundo musical finlandés, pola súa obra orquestral Ignite.[2] Ese mesmo ano, Ignite foi seleccionada como obra recomendada no International Rostrum of Composers 2011, en Viena.[1]

Dende 2013 é director artístico do RUSK - Chamber Music Festival de Pietarsaari - Jakobstad (Finlandia).[1][3]

Obra[editar | editar a fonte]

O catálogo de obras de Fagerlund, ademais de música orquestral, inclúe música vocal, coral, música de cámara, e música para solista. Entre os seus traballos máis recentes destaca o Concerto para violín, escrito para o violinista finlandés Pekka Kuusisto e encargado pola Tampere Filharmonia, e estreado en 2012; tamén destaca o seu Concerto para guitarra e orquestra sinfónica encargado pola Radion sinfoniaorkesteri e estreado en 2013.[1]

A súa música foi descrita como fluída, movemento rápido e rica en son. O fluxo rápido e a elasticidade rítmica son decotío compensados por episodios fráxiles e líricos, e o cambio entre a mobilidade e inmobilidade é unha das características principais da súa música, que transmite un sentimento de alto virtuosismo instrumental e un forte sentimento de mestría musicla, creando dramas musicais nos que o poder da expresión é combinado con intensidade e comunicabilidade.[1]

Gravacións[editar | editar a fonte]

Existen gravacións de composicións de Fagerlund no selo sueco BIS Records.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 Edition Peters (ed.). "Sebastian Fagerlund (Biography)". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2014. 
  2. Teosto (ed.). "What is Teosto prize?". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2014. 
  3. RUSK - Chamber Music Festival (ed.). "Artistic Directors". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2014. Consultado o 25 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]