Santiago Gómez Tato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSantiago Gómez Tato

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1885 Editar o valor em Wikidata (138/139 anos)
Cerdedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Santiago Gómez Tato, nado en Cerdedo cara a 1885, foi un escritor e xornalista galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do notario Jesús Gómez Veiga que estivo destinado no Concello de Cerdedo. Emigrou a Buenos Aires a principios dos anos vinte do século XX. Colaborou na revista Relieves de Coronel Dorrego, en Nueva Era, Eco del Tandil e Derecho de Tandil, e en Céltiga, El Heraldo Gallego, Correo de Galicia e Vida Gallega. Visitou en varias ocasións a súa comarca natal e deixou as súas impresións sobre as súas feiras no periódico Umia y Lérez. Instalouse en Rosario nos anos vinte. Tamén colaborou en Mundo Gráfico. En 1931 dirixiu o periódico La Voz del Pueblo de Martínez (Buenos Aires).[2]

Obras[editar | editar a fonte]

  • De la tierra meiga: (cuadros, tipos y costumbres gallegas), 1924.
  • Céltiga: Pinceladas gallegas, 1924.

En abril de 1925 anunciaban a saída de dúas novelas: En la soledad de mi aldea e Los eternos caciques.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Buenos Aires con Herminia Sánchez Míguez en xullo de 1925.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vida Gallega, 1-4-1925, p. 29.
  2. "La página de Martínez. Historia". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2016. Consultado o 01 de decembro de 2016. 
  3. El Heraldo Gallego, 19-7-1925, p. 1.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]