Sanirión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSanirión
Biografía
Mortec. 370 a. C. Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAntiga Atenas Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomediógrafo Editar o valor em Wikidata
MovementoOld Comedy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaGrego antigo Editar o valor em Wikidata

Sanirión (en latín Sannyrion, en grego antigo Σαννυρίων) foi un poeta cómico ateniense dos últimos anos da comedia antiga e do inicio da comedia media. Foi contemporáneo de Diocles de Fliúnte e Fililio, segundo Suídas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos que ridiculizou a pronuncia do actor Hexeloco nunha representación do Orestes de Eurípides, obra publicada no -408, e debía estar a comezar a súa carreira teatral cara ese ano. Algúns autores propoñen que viviu ata --370.

Sanirión tamén foi ridiculizado por Estratis na súa obra Κινησίας ("Kinesías"), e por Aristófanes no Γηρυτάδης (Gerytades), onde el, Meleto e Cinesias son enviados como embaixadores dos poetas ao Hades polo seu escaso peso, xa que os tres estaban moi delgados.

Suídas dá algúns títulos das súas comedias:

  • Τέλως (Telos "propósito").
  • Δαναη (Danae).
  • Ἰώ (Ío).
  • Ψυχασταί Psychastai.

Eudocia Makrembolitissa engade Σαρδανάπαλλος (Sardanàpalus)[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sannyrion en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 706

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]