San Luis, Arxentina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

San Luis é a capital da provincia de San Luis (Arxentina), situada no centro-norte da provincia. É tamén cabeceira do Departamento Juan Martín de Pueyrredón.

Ten 13 120 km² e unha poboación de 204.019 habitantes (2010). É un dos principais centros industriais de Arxentina. Nos seus arredores áchanse pintorescas paisaxes como o Embalse Potrero de los Funes, Salinas del Bebedero, ou a Vila Turística de Merlo.