Samuel Lago Ozón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSamuel Lago Ozón
Biografía
Nacemento1979 Editar o valor em Wikidata (44/45 anos)
Vilastose, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Cambados
2022 –
← Fátima Abal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro agrónomo , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido dos Socialistas de Galicia Editar o valor em Wikidata

Samuel Lago Ozón, nado en Vilastose (Muxía) en 1979, é un enxeñeiro técnico agrícola e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Enxeñería Técnica Agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi elixido concelleiro en Muxía polo PSdeG-PSOE tralas eleccións municipais de 2003, formando parte da oposición. Nas municipais de 2007 o PSdeG logrou a vitoria e Samuel Lago asumiu a concellería de urbanismo, manténdose no cargo tralas municipais de 2011 e 2015, nas que os socialistas lograron a maioría absoluta con Félix Porto á fronte.

Debido ó seu traballo de Unións Agrarias en Cambados trasladouse a esta localidade, onde foi o número 2 da candidatura socialista encabezada pola alcaldesa Fátima Abal nas municipais de 2019. Tras revalida-lo goberno foi nomeado tenente de alcalde e concelleiro de obras. En xaneiro de 2022, trala dimisión da alcaldesa, foi elixido novo alcalde de Cambados[1]. Nas eleccións municipais de 2023 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE de Cambados e foi reelixido alcalde grazas ao apoio de Somos Cambados, BNG e Cambados Pode.[2]


Predecesor:
Fátima Abal
 
Alcalde de Cambados
 
2022 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]