Salvador Sánchez Cerén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalvador Sánchez Cerén

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1944 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Quezaltepeque, O Salvador Editar o valor em Wikidata
45º Presidente do Salvador
1 de xuño de 2014 – 1 de xuño de 2019
← Mauricio FunesNayib Bukele →
Vicepresidente do Salvador
1 de xuño de 2009 – 1 de xuño de 2014
← Ana Vilma de Escobar (en) TraducirÓscar Ortiz (en) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeO Salvador Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFrente Farabundo Martí de Libertação Nacional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina websanchezceren.com Editar o valor em Wikidata
Facebook: salvadorpresidente Twitter: sanchezceren WikiTree: Sánchez-5540 Editar o valor em Wikidata

Salvador Sánchez Cerén, nado en Quezaltepeque o 18 de xuño de 1944, é un profesor e político salvadoreño.[1] Foi presidente da República do Salvador desde o 1 de xuño de 2014 até o 1 de xuño de 2019, sendo ademais un dos principais dirixentes do partido Frente Farabundo Martí para la Liberación Nacional e excomandante da desaparecida organización político militar Forzas Populares de Liberación Farabundo Martí.

Foi vicepresidente do Salvador logo de vencer nas eleccións do 15 de marzo de 2009, xunto co seu compañeiro de fórmula, Mauricio Funes.[2] Asumiu o cargo o 1 de xuño de 2009, sendo tamén nomeado ministro de Educación polo presidente Funes.

O 9 de marzo de 2014 gañou as eleccións presidenciais en segunda volta contra o candidato Norman Quijano da partido ARENA. Tomou posesión o 1 de xuño de 2014 ao 1 de xuño de 2019.[3]

Nado no seo dunha familia de artesáns,[4] realizou os seus estudos de profesorado na Escola Normal do Salvador, na capital salvadoreña. En 1965 foi un dos fundadores da Asociación Nacional de Educadores Salvadoreños (ANDES 21 de xuño). En 1970 participou na creación das FPL, a primeira organización armada de esquerda do Salvador. Dentro da organización foi coñecido polo pseudónimo de Leonel González.

Obras literarias[editar | editar a fonte]

  • Sánchez Cerén, Salvador (2009). Con sueños se escribe la vida: Autobiografía de un revolucionario salvadoreño. El Salvador. Ocean Sur. ISBN 978-1-921438-16-5
  • Sánchez Cerén, Salvador (2011). FMLN en el Gobierno. El Salvador. Ocean Sur. ISBN 978-1-921700-40-8
  • Sánchez Cerén, Salvador (2012). La guerra que no quisimos: El Salvador, 1980-1992. El Salvador. Ocean Sur. ISBN 978-1-921700-49-1
  • Sánchez Cerén, Salvador (2012). Ana María, combatiente de la vida: Mélida Anaya Montes: salvadoreña, maestra, guerrillera. El Salvador. Ocean Sur. ISBN 978-1-921700-64-4
  • Sánchez Cerén, Salvador (2012). El país que quiero: 2014: Elecciones presidenciales en El Salvador. El Salvador. Ocean Sur. ISBN 978-1-921700-87-3

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El efemelenista Salvador Sánchez Cerén es el segundo expresidente prófugo acusado por casos relacionados a corrupción" (en castelán). 2021-07-23. Consultado o 2021-07-30. 
  2. Diario Digital La Página, «TSE entregará credenciales el próximo martes a presidente electo» Arquivado 05 de maio de 2015 en Wayback Machine. Noticia publicada o 28 de marzo de 2009.
  3. Artigo 154 da Constitución da República do Salvador de 1983
    Art. 154.- O período presidencial será de cinco anos e comezará e rematará o día primeiro de xuño, sen que a persoa que exercera a Presidencia poida continuar nas súas funcións ningún día máis.
  4. Sitio oficial de la campaña de Mauricio Funes, Biografía de Salvador Sánchez Cerén.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]