Salvador Bará Temes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSalvador Bará Temes
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1930 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Granada
Universidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninvestigador , químico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosMilagros Bará Editar o valor em Wikidata
PaiModesto Bará Álvarez Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1632648


Salvador Bará Temes, nado en Pontevedra o 6 de agosto de 1930, é Doutor en Ciencias Químicas, matemático, profesor e investigador galego, especialista en solos forestais e no eucalipto en Galicia. Foi asesor, en temas forestais, da Xunta de Galicia, da CEE e a FAO.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estuda Ciencias Químicas na Universidade de Granada e terminou na Universidade de Santiago onde se doutorou en 1967. Realizou os seus primeiros traballos de investigación sobre solos forestais na Misión Biolóxica de Galicia e no Centro Forestal de Lourizán, pertencente ao Instituto Nacional de Investigaciones Agronómicas, (na actualidade Centro de Investigacións Forestais da Xunta de Galicia).

A súa actividade investigadora centrouse en estudos sobre o impacto dos incendios forestais e a súa rexeneración, o uso de métodos electrométricos e bioquímicos para determinar o estado fisiolóxico das árbores, estudos comparativos sobre o piñeiro, o eucalipto e o carballo, e sobre o chan forestal de Galicia.

En 1990 foi nomeado membro da comisión da Comunidade Económica Europea sobre European Network on Soil Fertlisatión and Conservation: Assessment study of organic fertilisers, presidida polo Dr. Giuliano Grassi. En 1995 foi nomeado asesor da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, e tamén formou parte como vogal na Comisión Asesora da Investigación Agraria. da Xunta de Galicia[1][2]

Publicou preto de mil artigos, informes, deu cursos e conferencias ao longo de máis de corenta anos. En relación coa súa actividade investigadora desenvolveu dúas patentes, un dun fertilizante en cápsulas para uso forestal, e un medidor de zume no xilema de pólas illadas. Entre as súas distincións destacan a de Comendador da Orde Civil do Mérito Agrícola en 1975 e o terceiro premio de Investigación Nacional en 1983.[3]

Vida privada[editar | editar a fonte]

Fillo de Modesto Bará Álvarez, xornalista e defensor da teoría do Cristovo Colón galego, e Irene Temes Diéguez. Casou con Milagros Viñas Quiroga, sobriña do violinista pontevedrés Manuel Quiroga Losada, e é pai de Milagros Bará Viñas. Desde 1956 mantén en activo o indicativo de radioafeccionado EA1GF.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Efectos Ecológicos del Eucaliptus Globulus en Galicia: Estudo comparativo con Pinus Pinaster e Quercus Robur (INIA, 1985)
  • Fertlización Forestal (Xunta de Galicia, 1986 e 1990)
  • Métodos Biofísicos para establecer el estado Fisiológico de Especies Forestales (INIA nº56, 1990)
  • Métodos Eléctricos para o estudo das árbores e plantas (Xunta de Galicia, 1994)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bibliografía anotada sobre efectos ambientales, sociales y económicos de los eucaliptos. (Roma, 1995)
  2. Comisión Científica de Evaluación. (Consellería de Agricultura. Orden del 1 de Abril de 1987)
  3. Calidad de estación del pinus pinaster AIT en Galicia (Dirección General de Investigación y Capacitación Agraria, 1983)