Salmón afumado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O salmón afumado é un xeito de conservación do salmón, que se presenta en forma de grandes filetes. Existen dous tipos; afumado en frío e afumado en quente. O afumado en frío faise a baixas temperaturas. Emprégase fecuentemente na cociña escandinava, canadense e na do norte dos Estados Unidos.