Salón del Cómic de Zaragoza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salón del Cómic de Zaragoza
Auditorio de Zaragoza, lugar onde se celebra o Salón.
Tipoconvención ou festival de banda deseñada e evento anual
PaísEspaña
Na rede
http://www.saloncomiczaragoza.com/
editar datos en Wikidata ]

O Salón del Cómic de Zaragoza (desde a VI edición; antigas Muestra del Cómic y el Tebeo —I-IV edición— e Muestra del Cómic de Zaragoza —V edición—) é un evento de banda deseñada que se celebra anualmente en Zaragoza desde o 2002. Está organizado polo Concello de Zaragoza coa colaboración das asociacións Malavida, Mangaku, Tatakae e Thermozero.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Desde a V edición (2006) celébrase no Salón de Usos Múltiples do Auditorio-Palacio de Congresos de Zaragoza, que substituíu o Centro Cívico La Almozara, onde se desenvolveron as 4 primeiras edicións (2002-2005).

O Salón estivo a piques de desaparecer en 2011 por limitacións económicas[2] [3] superadas grazas á redución do seu orzamento e ao cobro dun euro pola entrada, desde a X edición (2011).[4]

En outubro de 2020, ante a situación epidemiolóxica pola pandemia de COVID-19, anunciouse a suspensión da XIX edición.[5]

A XX edición (2021) celebrouse cunha capacidade limitada de 5.000 persoas (1.000 por cada franxa horaria) debido á pandemia.[6]

Na XXI edición (2022) substituíuse a modalidade de venda de entradas. Suprimiuse o portelo e vendéronse electronicamente por primeira vez a través de Entradium.[7]

Xunto ao Salón, tamén se celebra dende o 2010 a iniciativa Diciembre Mes del Cómic, dentro da que se promoven unha variedade de actividades e exposicións relacionadas coa banda deseñada en diferentes centros cívicos da cidade ao longo do mes de decembro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "ABC: últimas noticias y actualidad de España y el mundo". Diario ABC (en castelán). Consultado o 2023-09-01. 
  2. García, Eva (30/09/2011). El Salón del cómic de Zaragoza busca patrocinador para subsistir, "El Periódico de Aragón".
  3. Aragón, Heraldo de. "El Salón del Cómic de Zaragoza, en el aire por falta de fondos". heraldo.es (en castelán). Consultado o 2023-09-01. 
  4. A, G. (2011-12-19). "El Salón del Cómic cierra con 7.000 entradas vendidas y 14.000 visitas". El Periódico de Aragón (en castelán). Consultado o 2023-09-01. 
  5. "El XIX Salón del Cómic de Zaragoza se suspende". www.saloncomiczaragoza.com (en castelán). 2020-10-26. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-01. 
  6. Daniel Monserrat Barrau (19/12/2021). El Salón del cómic de Zaragoza salva su año más difícil con una gran satisfacción entre los participantes, El Periódico de Aragón
  7. E. R. A. (16/12/2022). Entradas para el Salón del Cómic 2022 de Zaragoza, programa, horario y precio, Heraldo de Aragón

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.