Sabuxo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os sabuxos son cans de caza cunha gran capacidade olfactiva, de gran variedade de tamaño e cores.
Características [editar]
Adoitan cazar en grupo, chamados mandas, aínda que tamén poden cazar sós. Tras atopar o rastro da presa comezan a perseguila mentres van ladrando; para avisar os cazadores do seu percorrido pola espesura. Existen preto de 100 razas recoñecidas de sabuxos na Federación Cinolóxica Internacional (Grupo VI) e no United Kennel Club dos EUA.
Co nome de sabuxo son coñecidas varias razas de can:
- O sabuxo español.
- O plott hound.