Saab 105

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saab 105
Tipoadestrador e ataque lixeiro
FabricanteSaab
Primeiro voo29 de xuño de 1963
Introducido17 de xullo de 1967
Estadoen servizo
Principais usuariosForza Aérea de Suecia
Forza Aérea de Austria
Produción1963 - 1972
Unidades construídas192

Saab 105 é un avión de adestramento sueco de á alta desenvolvido a principios dos anos 60 como empresa privada por Saab AB.[1] A Forza Aérea de Suecia, que optara por adquiri o tipo para varios roles, mercou o avión coa designación Sk 60. O Sk 60 entrou en servizo en 1967, substituíndo á vella frota de de Havilland Vampire. Falouse de mercar o Folland Gnat, pero este converteuse en fonte de inspiración.

A Forza Aérea de Suecia mercou total de 150 avións e outros 40 esportáronse a Austria, coa designación Saab 105Ö. O Saab 105 tamén é o avión utilizado polo equipo acrobático da Forza Aérea de Suecia, o Team 60, e no pasadou foi usado por dous equipos acrobáticos da Forza Aérea de Austria, "Karo As" e "Silver Birds".

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

En 1959 Saab iniciou o desenvolvemento do avión que posteriormente sería designado como o Saab 105. A compañía decidira desenvolver o avión como unha empresa privada coa intención de que o tipo fose capaz de realizar varios roles civís e militares. Militarmente o 105 podía ser operado como adestrador a reacción, realizar recoñecemento aéreo e ataques a terra, e tiña tamén unha limitada capacidade como interceptor.[2][3] Entre os diversos roles planeados para o avión, Saab propuxo unha configuración de cabina de reactor executivo con catro ou cinco asentos para clientes corporativos.[4] Na época, o 105 foi un dous poucos pequenos avións europeos en ser equipados cun turboventilador, un feito que supostamente era de interese para os clientes corporativos.[5] O 105 tiña a intención de lanzar a Saab ao mercado dos reactores executivos; porén, finalmente nonapareceu ningún cliente deste tipo e Saab elixiu centrarse nos clientes militares.[6]

A Forza Aérea de Suecia comprometéranse con Saab a que, se o prototipo tiña un rendemento favorable durante as probas de voo, podería facer un pedido porpolo menos 100 avións.[7][8] En decembro de 1961 o goberno sueco anunciou que autorizaba á forza aérea a patrocinar o desenvolvemento e fabricación dun prototipo do Saab 105 cunha configuración de adestrador.[9] O 29 de xuño de 1963 este primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea.[10] O programa de probas de voo revelou cedo que o tipo tería unhas boas características de manexo e que sería capaz de realizar manobras acrobáticas.[11] En marzo de 1965 un prototipo foi enviado ás instalacións de Turbomeca en Pau, Francia, para realizar máis probas do motor Turbomeca Aubisque.[12]

O 6 de marzo de 1965 a Forza Aérea de Suecia recibiu a autorización do goberno sueco para realizar un pedido por unha cantidade inicial de 130 Saab 105. O avión sueco dividiuse en tres variantes principais, a Sk 60A para tarefas de adestramento e ligazón usando unha configuración de catro asentos, a Sk 60B para misións de ataque lixeiro con dous asentos un ao lado do outro, e a Sk 60C de ataque e recoñecemento, equipada con varias cámaras no morro do aparello para ese último rol.[10]

Unha versión mellorada, designada Saab 105Ö, foi mercada por Austria como avión multirrol lixeiro coa intención de despregalos nos roles de adestrador, recoñecemento, intercepción e ataque a terra. Co obxectivo de cumprir os requisitos especificados pola Forza Aérea de Austria, o 105Ö ten varias diferanzas clave, como cambios na aviónica, a adopción dunha á reforzada para levar máis munición e equipamento baixo ela, e unha versión máis potente do motor Turbomeca Aubisque, que proporcionaba un mellor rendemento cando se operaba en bases a grande altitude.[2][10]

Deseño[editar | editar a fonte]

Saab 105 aterrando en Visby

O Saab 105 foi desenvolvido para funcionar como un avión multirrol pequeno e barato, sendo utilizado principalmente como adestrador.[7] Trátase dun avión bimotor totalmente metálico cunha cabina presurizada.[9] Conta cunha configuración coa cola en T, á lixeiramente en frecha, e un par de motores montados a cada lado da fuselaxe xusto detrás das ás.[7]

O 105 pode equiparse con varios tipos de armamento e equipamento para realizar unha ampla gama de tarefas, instalándose a meirande parte nos seis puntos de ancoraxe baixo as ás.[2][10] Nun rol de ataque ao chan e apoio próximo, o 105 pode empregar unha combinación de foguetes non guiados de 135 mm, 127 mm e 75 mm, mísiles aire-superficie e distintos tipos de bombas, incluídas bombas de napalm; poden tamén instalarse un par de canóns de 30 mm ou metralladoras de 7,62 mm en vainas.[2][10] No rol de defensa aérea poden empregarse mísiles aire-aire AIM-9 Sidewinder ademais dos canóns. Ademais, co fin de transportar un máximo de dous pasaxeiros, poden instalarse asentos de exección máis pequenos para o piloto e o copiloto e pode poñerse un banco detrás deles para os pasaxeiros. O Saab 105 tamén pode realizar misións de recoñecemento xenéricas ou misións de vixilancia máis especializadas, tendo a opción de poder ser equipado con equipo de detección de radiación para mostraxe atmosférica.[2][10] Co equipamento axeitado o 105 pode convertirse rapidamente entre un adestrador e un avión de ataque lixeiro.[3]

O Saab 105 foi normalmente construído cun par de motores turboventilador de baixo índice de derivación Turbomeca Aubisque, fabricados baixo licenza por Volvo Flygmotor como o RM9. O motor Aubisque proporciona unha características de saída favorables, permitindo ao avión engalar con éxito no evento do fallo dun motor no momento crítco. Este non foi o único motor usado polo avión, xa que varios 105 recibiron o General Electric J85 no seu lugar. Os avións da Forza Aérea de Suecia foron reconstruídos durante os anos 90 para usar o máis novo Williams International FJ44, que foi designado como RM15.[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dahlin, Niklas. "Saabs flygande trotjänare nära slutet". Ny Teknik (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2021. Consultado o 2022-04-08. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 "Saab 105 in Austrian Air Force" (PDF). Dutch Aviation Support. Consultado o 10 de abril de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "Saab 105: Twin-Jet Trainer and Light Attack Aircraft." Flight International, 21 de maio de 1964. p. 5
  4. Phillips, Phillips e Phillips, p. 57
  5. Fricker, John. "Building Boom in Foreign Bizjets." Flying Magazine, June 1964. Vol. 74, No. 6. ISSN 0015-4806. pp. 39, 100-3.
  6. Eliasson 2010, p. 80
  7. 7,0 7,1 7,2 Phillips, Phillips e Phillips, p. 56
  8. "Sweden adopts Saab". Flight Global (en inglés). Consultado o 2022-04-10. 
  9. 9,0 9,1 "World News: Swedish Air Force Adopts the Saab 105." Flight International, 4 de xaneiro de 1962.
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 Chant 2014, p. 457
  11. Indian Aviation, Volumes 38-39. 1965, p. 153
  12. "Saab 105 in France." Flight International, 15 de abril de 1965. p. 612.
  13. "Saab 105 "SK60" Re-Engine Programme" (PDF). Defence Material Administration Testing Directorate. Archived from the original on 10 de abril de 2016. Consultado o 12 de abril de 2022. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Chant, Christopher. A Compendium of Armaments and Military Hardware. London: Routledge, 2014. ISBN 1-134-64668-2.
  • Eliasson, Gunnar. Advanced Public Procurement as Industrial Policy: The Aircraft Industry as a Technical University. Springer Science & Business Media, 2010. ISBN 1-4419-5849-5.
  • Phillips, Almarin and A. Paul Phillips, Thomas R. Phillips. Biz Jets: Technology and Market Structure in the Corporate Jet Aircraft Industry. Springer Science & Business Media, 2012. ISBN 94-011-0812-9.