SMS König

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SMS König
Historial War Ensign of Germany 1903-1918.svg
Estaleiro Kaiserliche Werft Wilhelmshaven
Clase König
Tipo acoirazado
Posta en grella outubro de 1911
Botado 1 de marzo de 1913
Asignado 9 de agosto de 1914
Destino barrenado o 21 de xuño de 1919 en Gutter Sound, Scapa Flow
Características xerais
Eslora 175,4 m
Manga 29,5 m
Calado 9,19 m

O SMS König foi o primeiro dos catro acoirazados da clase König da Mariña Imperial alemá (Kaiserliche Marine) durante a Primeira Guerra Mundial. O König (en galego: "rei") foi nomeado así na honra do rei Guillermo II de Württemberg. Posto na grella en outubro de 1911, o barco foi botado o 1 de marzo de 1913. O König foi completado pouco despois do comezo da Primeira Guerra Mundial; foi asignado á Hochseeflotte o 9 de agosto de 1914.

Xunto cos seus tres barcos irmáns, o Grosser Kurfürst, o Markgraf e o Kronprinz, o König tomou parte na meirande parte das accións da frota durante a guerra. Como barco líder da liña alemá na batalla de Xutlandia o 31 de maio de 1916, o König enfrontouse con varios acoirazados británicos e recibíu dez impactos de calibre pesado. En outubro de 1917 forzou ao pre-dreadnought ruso Slava a que se afundise na batalla do estreito de Muhu, que seguiu á exitosa Operación Albion alemá.

O König foi internado, xunto coa meirande parte da Hochseeflotte, en Scapa Flow en novembro de 1918 tras o armisticio. O 21 de xuño de 1919 o contraalmirante Ludwig von Reuter ordenou afundir a frota mentres os barcos británicos estaban fóra do porto realizando exercicios. A diferenza da meirande parte dos buques afundidos, o Köni nunca foi refrotado para o desguace; os restos aínda se atopan no fondo da baía.