Rupia nepalesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rupia nepalesa
रूपैयाँ (nepalí)
Código: NPR
Ámbito: Flag of Nepal.svg Nepal
Símbolo: Rs, ₨ ou रू.
Fracción: 100 paisa
Moedas: 1, 5, 10, 25, 50 paisa, 1, 2, 5 e 10 rupias
Billetes: 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100, 500 e 1000 rupias
Emisor: Banco Central de Nepal
Taxa de troco:
2-04-2010
1 EUR = 96.0993 NPR
1 USD = 71.2 NPR
Troco actual

A rupia (nepalí: रूपैयाँ) (signo ₨; código: NPR) é a moeda oficial de Nepal. Divídese en 100 paisa. A emisión da moeda é controlada polo Banco Central de Nepal. O símbolo máis comúnmente empregado da rupia nepalesa é Rs ou ₨.

Historia[editar | editar a fonte]

A rupia introduciuse por primeira vez en 1932, sustituíndo eo mohar de prata counha taxa de troco de 2 mohar por rupia. Ao principio á rupia chamábaselle mohru. O seu valor fixouse á rupia india en 1993 cunha taxa de troco de 1,50 NPR = 1 INR.

Moedas[editar | editar a fonte]

Moeda dunha rupia.

En 1932 acuñáronse moedas de prata en denominacións de 20, 50 paisa e 1 rupia, seguidas de moedas de cobre de 1, 2, e 5 paisa entre 1933 e 1935. Nos anos 40 engadíronse moedas de cobre de ¼ e ½ paisa, e 5 paisa de cuproníquel. En 1953 introduciuse unha nova serie de latón en denominacións de 1, 2 e 4 paisa, 50 e 10 paisa de bronce e 20, 25, 50 paisa e 1 rupia de cuproníquel.

En 1966 introducíronse moedas de aluminio de 1, 2 e 5 paisa, e 10 paisa de latón. En 1982 engadíronse monedas de 25 paisa de aluminio, seguidas de 50 paisa e 1 rupia de aceiro en 1987 e 1988. En 1994, os tamaños das moedas de 10 e 25 paisa reducíronse, xunto ás monedas de 50 paisa de aluminio e 1, 2, 5 e 10 rupias de aceiro bañadas en latón.

Billetes[editar | editar a fonte]

En 1951, o goberno introduciu billetes de 1, 5, 10 e 100 rupias denominados mohru. En 1956 o Banco do Estado asumiu as competencias para emitir cartos e introduciu unha nova serie xa denominada en rupias. En 1972 engadíronse billetes de 500 e 1.000 rupias, seguidas en 1974 de denominacións de 50 rupias, e 2 rupias en 1981. Os billetes dunha rupia emitíronse de xeito descontinuo, tanto, que hoxe en día é posible ver algún billete desta denominación en circulación. En 1982 introducíronse billetes de 20 rupias. O billete dunha rupia ten a foto do Monte Ama Dablam, un dos veciños do Everest, no seu reverso.