Royal Olympic Club de Charleroi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Olympic de Charleroi
NomeRoyal Olympic Club de Charleroi
Alcume(s)Les Dogues
Fundación20 de setembro de 1911 (112 anos)
EstadioLa Neuville,
Charleroi, Bélxica
Inauguración1920
Capacidade12.164
PresidenteBélxica Patrick Remy
AdestradorFrancia Xavier Robert
LigaNacional 1
2021–22
Na rede
http://www.olympic-charleroi.be/
Facebook: olympic.charleroi.be Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

O Royal Olympic Club de Charleroi, é un club de fútbol belga da cidade de Charleroi. Dende 2019 milita na División Nacional 1 de Bélxica, a terceira categoría do fútbol belga.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado en 1911 como Caroloregian Lodelinsart Club Olympique, cambiando o seu nome ao ano seguinte polo de Olympic Club de Charleroi, e foi rexistrado en 1913 na Real Federación Belga de Fútbol.[1] Entre 1972 e 1982 o club chamouse R.O.C. de Montignies-sur-Sambre antes de recuperar o seu nome anterior. En 2000 o club fusionouse co RA Marchienne e cambiou o seu nome a Royal Olympic Club de Charleroi-Marchienne, pero volveu ao seu nome histórico en 2016. Finalmente, en 2019, o club fusionouse co Royal Châtelet SC.

O Olympic de Charleroi debutou na Segunda División belga en 1936 e proclamouse campión ese mesmo ano, logrando o ascenso á Primeira División.[1] Militou na máxima categoría ata 1963 (agás na tempada 1955/56), quedando terceiro en 1939 e subcampión en 1947. Dende 1963 ata comezos da década de 1980 xogou principalmente na segunda categoría, ata que en 1981 caeu á terceira, na que xogou a maioría de tempadas dende entón.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Historia". olympic-charleroi.be (en francés). Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2022. Consultado o 24 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]