Real Federación Belga de Fútbol
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| UEFA | |
|---|---|
| Fundación | 1895 |
| Afiliación á FIFA | 1904 |
| Afiliación á UEFA | 1954 |
| Sitio web | www.footbel.be |
| Presidente | François de Keersmaecker |
A Real Federación Belga de Fútbol (URBSFA/KBVB) (en alemán: Königliche Belgische Fußballverband, en francés: Union royale belge des sociétés de football association, en |neerlandés: Koninklijke Belgische Voetbalbond) é o organismo encargado da organización do fútbol en Bélxica, cuxa sede está en Bruxelas.
Foi creada en 1895 e foi unha das asociacións fundacionais da FIFA en 1904 e da UEFA en 1954. Encárgase da organización das ligas profesionais belgas, as ligas amateurs e a Copa de Bélxica, así como os partidos da Selección de fútbol de Bélxica nas súas distintas categorías.