Robert Towne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Towne 1.jpg

Robert Bertram Schwartz, nado nos Ánxeles o 23 de novembro de 1934, é un guionista estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Towne é coñecido pola realización de numerosos guións para filmes como Chinatown, pola que gañou o Oscar. Foi ademais candidato noutras dúas ocasións, polos guións deThe Last Detail e Shampoo. Tras varios anos de traballo no guión de Greystoke: The Legend of Tarzan, Lord of the Apes, quedou descontento co resultado, ao que o levou a decidir non aparecer nos créditos do filme. No seu lugar utilizou o nome do seu can, P.H. Vazak, que acabou sendo candidato ao oscar.

Tamén dirixiu algúns filmes, como Tequila Sunrise e Pregúntalle ao vento e escribiu guións para a televisión.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]