Ringo Lam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ringo Lam, nado en 1955 en Hong Kong, é un director de cine chinés coñecido polos seus filmes de acción.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Traballou como axudante de produción e produtor para a televisión. En 1978 marchou para o Canadá e estudou na escola de cine de York University, Toronto. En 1981 o seu amigo Chow Yun-fat animouno para que volvera a Hong Kong e conseguiu axuda para realizar a súa primeira película, Yam yeung choh (Espírito de amor) en 1983.

En 1987 con Lung fu fong wan (Cidade de lume) conseguiu a súa obra máis celebrada que vai estar na base da película de Quetin Tarantino Reservoir Dogs.

Dirixiu a Jean Claude Van Damme en Maximum Risk (1996), Replicant (2001) e Salvaxe (2003)