Ricardo Picouto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicardo Picouto
Biografía
Nacemento1874 Editar o valor em Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1935 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata

Ricardo Picouto Fernández, nado cara a 1874 e finado en Ourense o 19 de xaneiro de 1935, foi un industrial e agrarista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi secretario da I Asemblea Agraria de Galicia e membro da mesa da II Asemblea Agraria de Galicia. Tamén foi secretario do Congreso Agrícola de Ourense celebrado o 8 de setembro de 1910.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado deputado suplente corporativo da Deputación de Ourense en xuño de 1926.[2] Tamén foi inventor, patentando unha "Elevadora e Arrastradora" e unha "Azufradora de Mochila".[3]

Finou en Ourense o 19 de xaneiro de 1935 aos 60 anos.[4]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou en Ourense con Gregoria García Blanco en 1916,[5] e foi pai de Ricardo, María Teresa, Carlos, Luz e Vicente Picouto García.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Región, 2-9-1910, p. 1.
  2. La Región, 13-6-1926, p. 6.
  3. La Región, 7-4-1926, p. 1.
  4. La Región, 20-1-1935, p. 2, 5.
  5. La Región, 21-5-1916, p. 2.