Relay 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Relay 2
Relay 2
TipoComunicacións / científico
OrganizaciónNASA
Contratistas principaisRCA Astro
Destino actualEn órbita terrestre, fóra de servizo.[1]
Data de lanzamento21 de xaneiro de 1964, 21:14 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorThor Delta B[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla LC-17B[3][6]
Obxectivo da misiónComunicacións e experimentos científicos.[3][6]
NSSDC ID1964-003A
Masa184,0 kg[3]

Relay 2 foi un satélite artificial da NASA lanzado o 21 de xaneiro de 1964 mediante un foguete Thor Delta B desde o centro espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Relay 2 foi, ao igual que Relay 1, un satélite de comunicacións que levaba a bordo tamén algúns instrumentos científicos para estudar os cintos de radiación arredor da Terra.[3][5][6]

A nave estabilizábase mediante xiro, inicialmente cunha velocidade de 173 rpm. En Relay 2 elimináronse os fallos que producían problemas na resposta de Relay 1 a algúns comandos. A bordo levaba un transmisor para seguimento e outro para telemetría. Un dos transmisores comezou a ter problemas o 20 de novembro de 1966, tardando en acender máis tempo do normal, para acabar fallando o 20 de xaneiro de 1967. O outro transmisor deixou de funcionar o 9 de xuño de 1967.[3][5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "RELAY 2" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 "Letter dated 26 March 1964 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (64-07275). 30 de marzo de 1964: 2. Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (8 de decembro de 2016). "Relay 2" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Relay 2" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Relay 1, 2" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "Relay" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]