Regato de Saímes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regato de Saímes
Novo encoro de Unión Fenosa no Ulla
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
NacementoBranzá (Arzúa)
DesembocaduraRío Ulla

O regato de Saímes é un afluente do río Ulla.

Percorrido[editar | editar a fonte]

Nace na parroquia de Branzá (Arzúa). Discorre polos lugares de Remesil e Trasbar, na parroquia de Dombodán. Tras recibir as augas do rego da Ufa, que vén separando as parroquias de Turces (Touro) e Branzá (Arzúa), segue de fronteira entre estes concellos.

Desemboca no río Ulla á altura da Pena da Vella. Porén esta desembocadura foi modificada trala construción dun encoro un quilómetro máis abaixo.

No inverno adoita desbordarse nos Prados de Saímes, de onde colle o nome. No lugar das Hortas, preto do monte dos Muíños, forma a fervenza das Hortas, de 32 metros de caída.